Actividade na biblioteca

O pasado oito de marzo,Día da Muller, contamos coa presenza na nosa biblioteca , de Noelia Pérez Estevez, directora deportiva do Clube de Taekwondo Hebe de Moaña.
Os momentos que compartiu con todos nós , foron sorprendentes. Noelia coa súa simpatía e sinxeleza soubo espertar o interese e a curiosidade dos nenos e nenas dende o primeiro momento. Cremos que ela tamén se sentiu moi a gusto entre nós.

O alumnado, dende 3 anos ata 6º curso, fíxolle un mar de preguntas interesantísimas sobre a súa carreira deportiva, a súa vida persoal, sobre o deporte de Taekwondo,..

Esta visita,organizada polo departamento de Dinamización Lingüística dentro dunha actividade máis ampla titulada " En feminino" que pretende resaltar a importancia do papel da muller na nosa sociedade e, en concreto o papel da muller galega ao longo do tempo.

Nun mural , colocado na entrada principal do colexio están recollidas as biografías de mulleres represenativas ao longo dos séculos. A biografía de Noelia Pérez , un referente feminino de esforzo, traballo e tesón, é unha delas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO