Música na biblioteca
Con este instrumento de vento-metal , David Santiago, tocou algunhas cancións como a canción do mundial de fútbol, o himno á alegría, a canción de Bob Esponja, a pantera rosa, que os nenos e nenas recoñecemos axiña.
Escoitamos melodías preciosas e tamén, aprendimos: a orixe deste instrumento, como foi cambiando ao cabo do tempo, as súas partes, os diferentes tipos de sons que se facían antigamente,...
Como remate, despois da rolda de preguntas David interpretou a canción dos piratas do Caribe con acompañamento electrónico.
Pasámolo xenial . Grazas David por esta visita tan musical.
Comentarios