A nosa biblioteca ponse en marcha

En outubro:
Comezan os préstamos. Dende o primeiro día o equipo de colaboradoras da biblio realiza esta función con entusiasmo e decicación.
Chegan as novidades.
Os máis novos teñen preparados os seus marcaespazos para ler os primeiros libros deste curso no seu espazo.
Recordamos as normas xogando ao semáforo.

As mochilas viaxeiras saen cargadas de ilusións e bos libros.
Na súa hora da biblioteca, todos os nenos e nenas ,acompañados dos seus titores, realizan as actividades previstas: os contacontos, as composicións para compartir, as pequenas investigacións...


E para celebrar o Samaín, na biblioteca agárdannos contos de vampiros, monstros, bruxas, pantasmas, pesadelos,....nun ambiente moi especial.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO