Benvida ao cole, un ano máis!

Para darvos a benvida ao cole, no comezo do novo curso, as vosas profes andiveron moi atarefadas ordeando e pintando as aulas.
A biblioteca tamén necesitou unha posta a punto xa que no verán cambiaron os falsos teitos e, cando chegamos, estaba patas arriba. Xa está preparada para a vosa chegada!
Teño moitas ganas de vervos por aquí, escollendo os libros que levaredes para ler nas vosas casas e nas vosas aulas. Ler é toda unha aventura que nos permitirá aprener e disfrutar moito xuntos.
Como sei que debecedes por investigar, este ano invítovos a descubrir "A Terra, un planeta de auga".
Gustaríame recordarlle aos nenos e nenas do 2º e 3º ciclo que o luns, día 3 de outubro,comezan os préstamos no recreo.
Os equipos de axudantes da biblioteca xa están preparados. As nenas de4º,5ºe 6º encárganse e de levar á aula os libros que vós ,antes do recreo ,escolledes e colocan na estantería os que, despois de ler, devolvedes. Estes préstamos quedan rexistrados no Meiga.
Esquecía decirvos que:
-As mochilas Viaxeiras pronto estarán en marcha!
Ata vernos!
DINO

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO