Nós, fomos á tele


A finais de xaneiro a profe Montse díxonos que íamos participar nun concurso de V televisión, chamado Xiz.


Uns días despois, xuntámonos 5º e 6º para falar sobre o concurso. Xesús e máis eu íamos de titulares e Lucía e Marco de suplentes.Despois vimos todas as probas e os puntos destas, mentras a profe Elisa poñía exemplos no encerado.

Por fin chegou o día. Fomos nun autobús ao plató que estaba nas aforas de Vigo.De camiño recollimos ao colexio de Mosteiro, a noso cole rival. Acompañáronnos os pais dos titulares e dos suplentes.


Gustoume moito a experiencia de ir gravar xiz e ver como é a tele por dentro.

Cando chegamos, leváronnos ( aos concursantes) á perruquería. Mentras Marta e máis eu nos peiteabamos, Xesús e mais Guebre vían os Simpsons pola tele. Xa peiteados e listos nos puxeron os micrófonos. Eu creo que Xesús estaba super contento, pois non paraba de facer bromas cos micros.

Máis tarde, na sala de espera, Antón explicounos un pouco como ía ser e nos recomendaba que estivéramos soltos. Pero, mais solto que Xesús non se podía estar!

Cando xa sabiamos un pouco como ía ser todo, fomos ó plató.Era moi bonito; os pulsadores eran borradores e poñía Xiz onde nós estabamos. Alí nos dixeron como había que saír e todo o referente ás posicións.

Comenzamos a gravar.

Para min, o máis difícil foron os dominós. Tiñamos que poñer fichas de dominó, en 60 segundos, de pé enriba dunha mesa, e logo derribalas.Foi moi divertido.

Ao final, gañamos 280 puntos a 195 puntos. Celia

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Ummmm... como q costo escribir esto... pero kien no se lo crea, jesus SI VEIA LOS SIMPSON X LA TV!!!:)
CeLiA
Anónimo ha dicho que…
XIC fue un buen concurso, pero algo injusto con los premios, nos merecemos algo más.

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO