28/03/11

Os contadores de historias

Compartindo cos nenos e nenas de Educación Infantil os contos que preparamos este trimestre con Charo Pita , rematan as sesións deste obradoiro que nos tivo tan entusiasmados e no que, ademáis de vivenciar a diferencia entre ler e contar:

Escoitamos contos como "A mazaroca de millo" e "O vendedor de gorras".

Pronunciamos, divertidísimos, os tiralinguas tan orixinais cos que Charo nos sorprendía.

Aprendimos a saborear as palabras, a enchelas co seu significado, a encollelas, a estiralas...

Imitamos a Demóstenes, lendo cun lápiz entre os dentes, a falta de pedras.

Coñecimos o valor dos obxectos, a importancia dos xestos, das voces nos contos.

Animámonos a invitar aos que nos escoitan a participar con nós dos contos que contamos.

Escoitamos o silencio, sorrimos, miramos e comenzamos: Érase unha vez...

E, como non, disfrutamos moito dos xogos de expresión corporal, dos exercicios de respiración, do quencemento tan completo que faciamos ao comenzo de cada sesión.