Charo Pita en Abelendo
Este ano, dentro das actividades que organiza a biblioteca, temos a sorte de contar co presenza de Charo Pita, escritora, atriz, cantante... en definitiva unha grande artista.
Ela será a condutora dun obradoiro de narración oral no que aprenderemos a diferenza entre ler e contar; faremos xogos de desinhibición, practicaremos a lectura en voz alta ...
Estamos moi contentos de poder contar cunha artista tan polifacética, e con seguridade, a súa visita ao noso cole deixará unha pegada moi fonda e difícil de esquecer.
Comentarios