Outubro: Mes das bibliotecas escolares

Queremos contarvos como estamos a celebrar na biblioteca este mes que, en Abelendo está sendo máis longo, porque andivemos en obras.
-Na primeira visita á biblioteca os nenos e nenas de 3 anos coñecimos a Dino e gozamos coa sorpresa que nos tiña preparada: o vídeo de "Corre corre cabaciña".
-Recordamos, xogando ao semáforo, o que si,se pode facer na biblioteca.
-Usamos os marcaespazos.
-Compartimos contos, poesías ...
-Celebramos o Samaín, contando contos de medo.
-Investigamos sobre os animais... e agardamos impacientes a exposición sobre a arte que pronto se inaugurará.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO