Postais en familia

Como cada ano por estas datas poñemos en marcha a 5ª edición do concurso "POSTAIS EN FAMILIA".
Contamos coa vosa colaboración e entusiasmo, como en anos anteriores, para preparar no colexio unha exposición na que os traballos luzan por si mesmos.

Gustaríanos que toda a familia participara na súa elaboración; inventando o debuxo, pensando no lema, decorando a postal...
Podedes empregar calquera material, calquera técnica ...O importante é que disfrutedes da actividade.
Entregaranse 5 premios. Un premio por ciclo para a mellor calidade artística e un único premio para o mellor lema.

A DATA LÍMITE PARA ENTREGAR AS POSTAIS É O XOVES, DÍA 9 DE DECEMBRO

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO