BENVIDA AO COLE

Comenza un novo curso e na bilioteca, todo está preparado para recibirvos.

.Catalogamos os novos libros que xa están colocados no espazo de novidades.

.Pintamos coa axuda duns formidables pintores o espazo de consulta.

.Dino, na súa carta de benvida que xa tedes todos e todas nas aulas, invitounos a sentir a arte en todas as súas manifestacións.

.As nenas de sexto curso teñen organizados os grupos de axudantes da biblioteca que se encargan dos préstamos nos recreos.

.As Mochilas Viaxeiras están preparadas para saír.

Ler é unha aventura que nos permitirá aprender e gozar moito xuntos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO