OBRADOIRO DE TEATRO

Dende fai unhas semanas os nenos de 5º do CEIP Abelendo podemos disfrutar do teatro nun obradoiro con Antón Lamapereira. A verdade é que estamos aprendendo moitas cousas coa intención de levalas á práctica nunha pequena representación dun conto que fixeramos o ano pasado coa profe Xulia, a partires do libro "La selva de los números" de Ricardo Gómez.
Comezamos cada sesión con exercicios de relaxación, para tomar conciencia do noso corpo, de cada músculo, de como entra o aire, como respiramos e como se producen os diferentes sons segundo a articulación que poñamos en funcionamento co noso aparello fonatorio.
Tamén estamos aprendendo as moitas posibilidades que ten o noso corpo e a cara para facer máscaras e adoitar posturas que nos transforman en animais, árbores, vento….. é algo máxico.
Logo practicamos os textos e a dicción, no que máis insiste Antón
é na vocalización, para ser quen de transmitir o que queremos e lanzar a voz para que atravese a parede se fai falla.
Está resultando moi divertido aínda que as veces nos cansamos un pouco nos ensaios , pero ao final liberamos tensións con xogos coma o nudo ou a ameba e xa estamos dispostos outra vez, porque como dí Antón un actor ten que ensaiar moitísimo para facerse co papel. Dende aquí dámoslle as grazas por todo o tempo que nos está dedicando.
Galería de imaxes

Comentarios

Nena misteriosa de 5º ha dicho que…
De verdade foi xenial o obradoiro,antón era estupendo e a obra saiu marabillosa.

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO