CONTACONTOS "A PARALAIA"

Dende aquí queremos felicitarvos e animarvos a seguir con esta actividade, coa que cada abril, subides dende o instituto para celebrar con nós o Día do Libro Infantil e Xuvenil.
É unha actividade da que non queremos prescindir.

Gústanos que veñades ao noso cole, porque:
  • Encántanos escoitar contos; todo tipo de contos. Contos como os que este ano nos trouxéchedes: A cebra Camila, O galo Quirico, Que risa de rata! Cocorico!
  • Sodes modelos a imitar, que nos motivan e animan na nosa tarefa. Nós, tamén estamos aprendendo; contamos contos aos nosos compañeiros e compañeiras e nos gustaría chegar a facelo coma vós.
  • A vosa actividade fainos valorar os contos clásicos; como "A ratiña presumida" que non nos cansamos de escoitar." A verdadeira historia de Caperuchiña"que nos sorprendeu gratamente.
e ademais, esta é unha ocasión para reencontrarnos con antigos alumnos e alumnas do cole.
Neste enlace están todas as fotos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO