CONTOS PARA OLI

Os nenos e nenas do 1º e 2º ciclo puxéronse á tarefa en resposta á proposta que lles fixo o autor de Leocadio,o león, na súa visita á nosa biblioteca o pasado dezaseis de marzo.
Están escribindo moitos contos que lle farán chegar axiña.
Tamén os nenos e nenas de E.Infantil, entusiasmados cos contos de Oli, andan cun teléfono móbil chamando ás Once Damas Atrevidas; ata conseguiron falar coa dama que se foi para Bueu e nunca máis volveu.
Grazas Oli polo agasallo dos teus contos e por vir compartir con nós a maxia da nosa biblioteca.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO