INVESTIGANDO SOBRE CASTELOS

Os nenos e nenas de E. Infantil estamos a estudar o proxecto "Castelos, principes e princesas". Para saber que queriamos aprender primeiro tiñamos que expresar o que sabiamos do tema.
Algunhas destas expresións foron:
Os castelos son moi altos, grandes, poden ser marróns, se se fan moi altos poden caer, teñen unha porta moi grande que pode abrirse ou pecharse, teñen moitísimas ventanas, teñen bandeiras e teñen soldados fóra.
Algúns están encantados, os castelos feos teñen fantasmas, nalgúns hai dragóns, están feitos de pedra, de ouro e prata, neles hai tesouros e nalgúns pode haber bruxas, ogros, vampiros e reis malos.
Teñen unha princesa e un rei na porta, nalgúns castelos hai princesas guapas, o rei sempre está dentro, a princesa está no alto da torre, hai xoias de princesas, vestidos, ouro e zapatos.
Nos castelos fanse banquetes, festas e reunións.

Despois as mestras pedíronos que dixeramos o que queriamos aprender:
Por que e como se construíron?
Que comian e vestían?
De que material eran os chans?
Como eran as festas?
Que facían?
Quen vive no castelo?
Como fan maxia as bruxas?....

Por último decidimos buscar información:
Visitando un castelo
Preguntándolle á profe Carolina (foi a primeira en empezar o proxecto)
Nos ordenadores
Nunha tenda sobre castelos
Preguntándolle a papá ,mamá, ós veciños
Vendo películas e documentais
Nos libros (curiosamente foi a última proposta)

Ata agora os nenos e nenas de E.Infantil aprendimos sobre castelos:
Onde se construían, de que materiais,
as partes dun castelo,que artesáns traballaban para o castelo,
quen vivía nos castelos, como se chegaba a ser cabaleiro, partes da armadura...
Finalmente quedamos de aprender:
sobre os escudos, as bandeiras,
os asaltos aos castelos;armas, os torneos,
xogos de época, medios de transporte:o cabalo,
.... e todo aquelo que esperte o noso interese.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO