A ORIXE DA FREGRESÍA DE MOAÑA

Neste mes de novembro, os nenos e nenas de E. Primaria fomos visitar unha exposición sobre a orixe da fregresía de Moaña, situada na reitoral de San Martiño, que foi elaborada co material recopilado por un veciño da zona, Manuel Uxío.
A visita resultou moi interesante e todos e todas aprendemos moito,como.....

"Os nosos ancentros vivían en castros e coa chegada dos romanos baixaron aos vales como o Val do Mar e o Val da Ameixoada"

"Os monxes tiñan moitas terras, e o que hoxe é Moaña dependía do mosteiro de Érmelo".

"Hoxe en día conservanse restos dos camiños que antes usaban para comunicar Hermelo con Moaña"

"A igrexa de San Martiño construiuse para unificar as aldeas que cada vez ían medrando máis, Val do mar, Val da Ameixoada, Cruceiro, Abelendo e Casal"

"Chamouse Moaña porque se construiu nunha zona de moitas moas"

"O primeiro documento no que aparece o nome de Moania data do século XIII."

"As inscripcións nas pedras axudan a investigar o noso pasado"

"As inscripcións no tímpano da igrexa de S.Martiño nos dí quen a construiu ARIAS FECI, un señor da familia dos Arias que tiña moitos cartos"

"Na reitoral hai unha cara talada en pedra e tamén un sartego"

"O abade, que vivía na reitoral era a persoa máis importante da zona"

"Na igrexa podemos ver unha pedra cunha inscrición dunha tumba medieval"

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO