"CHEGARON A MOAÑA AS LECTURAS DE IDA E VOLTA"

Este curso imos participar no programa "Lecturas de ida y vuelta", organizado pola fundación Sánchez Ruiperez, en cordinación cos colexios de Reibón e de Quintela.

Xa está en Quintela a colección "¿Qué te cuentas?

En Reibón xa disfrutan da colección "De aquí y de allí"

En Abelendo contamos coa colección "Para saber más y más"; unha selección de libros de coñecementos de gran variedade temática, dirixida ao 2º Ciclo que estará con nós ata o 18 de xaneiro que viaxará a Reibón. Son:
  • Obras de consulta que nos permitirán adquirir un coñecemento básico sobre calquera tema.
  • Títulos que nos propoñen a realización de actividades atractivas e creativas como medio para acceder ao coñecemento.
  • Libros que nos facilitarán información completa sobre temas acordes cos intereses propios destas idades.
  • Libros que plantean a consulta informativa como un xogo e incitan á participación activa dos lectores.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO