Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2018

SAMAIN (1ª parte)

Imagen
Con motivo da festividade do Samáin, os nosos alumnos e alumnas fixeron uns retratos terroríficos inspirados na película "Hotel Transilvania". Logo decoraron os marcos con diferentes motivos. Quedaron terroríficamente xeniáis!!. Aquí tedes unha pequena mostra.  

AS NOVIDADES DE SAMAIN PARA ESTE ANO

Imagen
O equipo de Biblioteca, no seu grande interese para que os nosos alumnos/as lean cada vez máis, non fan máis que comprar libros divertidos e interesantes para eles. Neste caso, e dada a época do ano no que estamos, "O mes do medo", as últimas novidades están relacionadas cos mundos dos monstruos, zombies, e bruxas. Aquí as tedes.

INAUGURACION BIBLIOTECA CURSO 2018-2019

Imagen
Hoxe, 24 de Outubro Día das Bibliotecas Escolares, tivo lugar no colexio a inauguración da nosa biblioteca. Moitas horas de traballo e dedicación para deixala ben bonita e ter todo listo para que os nosos/as alumnos e alumnas poidan disfrutar das súas novidades deste ano. Os cursos de Primaria desde 1º a 6º, a visitaron ó longo da mañana para facer distintas actividades: Lectura das Normas, Entrega das mochilas viaxieiras, Formación de usuarios (entrega e uso dos marcaespazos, funcionamento da biblioteca ,organización dos libros por cores e temas e realización de préstamos) e maña tocaralles ós alumnos/as de Infantil. Pero sin faltar a presenza da nosa mascota Dino feito todo un director de cine!.

NOVAS SOBRE OS DEREITOS DAS FOTOGRAFIAS

Dada a nova normativa sobre os dereitos das fotografías dos nosos alumnos e alumnas, vémonos obligados a non publicar imaxes nas que eles aparezan. Polo tanto,  seguindo instruccións do departamento de Bibliotecas  Escolares e ata novas instruccións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dependente da Xunta de Galicia, as fotos que publiquemos neste blog serán únicamente dos espazos onde se realicen as distintas actividades. Lamentamos os inconvenientes derivados desta nova orde.

CARTAS DE BENVIDA DA NOSA MASCOTA -DINO-

Imagen
Próximamente chegarán ás nosas aulas as Cartas de Benvida de Dino, a nosa mascota da biblioteca. Dirixidas ós alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria, faranlles  reflexionar sobre o noso proxecto deste ano -O CINE- e axudarannos a coñecer cales son os seus gustos e as súas inquedanzas sobre este tema tan divertido e interesante. Ademáis, a carta inclúe unha invitación para a apertura oficial da biblioteca o próximo mércores 24 de Outubro cando faranse diferentes actividades para festexar o día Das Bibliotecas Escolares.                 

OS CINE-MARCAESPAZOS

Imagen
E xan están listos os marcaespazos para este ano. Inspirados no tema do proxecto -O cine- e coa nosa mascota -Dino-, cada neno e nena terá que personalizalos escribindo o seu nome e colorealos según o tipo de lector que sexan (azul, vermello ou verde). O próximo 24 de Outubro os nosos alumnos e alumnas aprenderán ou recordarán como usalos adecuadamente para manter a nosa biblioteca ordenada. Desde o Equipo de Biblioteca, propoñemos esta actividade que consideramos importante dentro das nomeadas como "Actividades para a Formación de Usuarios". Delanteira Traseira Lectores por cores

PRIMEIRAS NOVIDADES

Imagen
As primeiras novidades deste ano están expostas na entrada da nosa biblioteca. Libros para todas as idades, historias moi interesantes e divertidas coas que disfrutaredes no colexio ou nas vosas casas coas vosas familias. Estarán expostas uns días para que as coñezades e así, poder levalas despóis a casa como préstamo. E despóis vendrán outras, e outras e outras...seguindo sempre as vosas suxestións e as dos vosos mestres e mestras.

OS NOVOS USUARIOS DA BIBLIOTECA

Imagen
Os alumnos de 3 anos estaban moi impacientes por visitar  a biblioteca polo que xa non esperaron máis e foron coa sua mestra para que lles lera un conto. Alí coñeceron a nosa mascota Dino. Como primeira actividade de Formación de Usuarios, a Coordinadora do Equipo da Biblioteca explicoulles un pouquiño cómo está distribuida a biblioteca, onde poden atopar os libros que máis lles van a gustar (cor azul) e como teñen que portarse cando esté na biblioteca. Estiveron moi atentos e o pasaron xenial.

GUSTANOS A BIBLIOTECA

Imagen
Aos nosos alumnos e alumnas gústalles moito a biblioteca onde len libros e revistas, buscan información, fan as súas tarefas escolares e ven Dvds, E todo iso dínolo cantando en inglés!😍😍😍

VOLUNTARIOS BIBLIOTECA 2018-2019

Imagen
Xa está formado o novo Equipo de Axudantes Voluntarios da Biblioteca curso 2018-2019. Son os seguintes (de esquerda a dereita, de arriba abaixo);Lucas, Markus, Selina, Naiara, Asier, Xián, Nastia, Abel, Ivonne, Naiara e Hugo. Hoxe firmaron o contrato-compromiso que os nomea axudantes oficiáis. Recibiron o seu carné identficativo así como un agasallo moi especial como mostra do noso agradecemento.

A NOVA DECORACION DA BIBLIOTECA

Imagen
Despóis de varios días de traballo do Equipo de Biblioteca xuntamente cos voluntarios, remataron a decoración sobre o proxecto. Desde o Equipo de Biblioteca, agradecemos ós nosos alumnos e alumnas voluntarios que xa empezaron a traballar forte desde o primeiro día. Moitas grazas!!

TAYLOR, A NOSA NOVA AUXILIAR DE CONVERSA.

Imagen
Xa falta menos para a apertura da nosa biblioteca. O seu equipo (  mestres/as e alumnos/as voluntarios) estamos rematando a decoración e outros moitos detalles para o seu bo funcionamento. Pero iso non foi problema para Taylor, a nosa nova auxiliar de conversa que hoxe, na clase de inglés comezou xa a ler aos nosos alumnos/as de 1º de primaria un libro de peixes en inglés (Hooray for Fish!).  A eles lles encantou e ela tamén o disfrutou moito. Primeira actividade de moitas que esperamos facer con ela ao longo do curso para o fomento da lectura e o desenvolvemento da competencia lingüística.