Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2018

OS CARTEIS DA BIBLIOTECA

Imagen
E xa están rematados os cartéis de cine que fixeron os nosos alumnos e alumnas. Inspirados nas súas películas favoritas e con seu toque persoal, faran a nosa biblioteca máis viva, personalizada e ambientada no proxecto de este ano: O CINE.        

DINO DIRECTOR DE CINE

Imagen
Xa temos o novo deseño da nosa mascota da biblioteca -Dino. Nesta ocasión e, relacionado co proxecto do centro de este ano, convertíuse nun Director de Cine. O deseño foi realizado íntegramente pola mestra de primaria ANABEL RAMA . Desde o centro queremos agradecer a súa desinteresada colaboración e a felicitamos polo seu bo traballo. Moitas Grazas compañeira!.

E POR FIN CHEGOU O PRIMEIRO DÍA!

Imagen
Hoxe 12 de Setembro o noso colexio encheuse de nenos e nenas. Como primeira actividade xuntámonos todos no patio  para saudarnos. Qué alegría volver a vernos!. Despóis dunha agarimosa bemvida do noso director e a presentación dos novos mestres e mestras para este curso, xa nos puxemos máns á obra. Entre todos averiguamos cal será o proxecto do centro para este ano - O CINE- polo que decidimos facer unhas manualidades para decorar a nosa biblioteca: CARTEIS das nosas películas favoritas. Aquí tedes unha pequena mostra de como traballamos.

BENVIDOS TODOS E TODAS!!

Imagen
Qué pronto pasa todo. Parece  que foi onte cando  decíamosvos aquilo de "Bo verán" e xa estamos de volta. Cargados de novas ilusións e ganas de traballar pero sobre todo de pasalo moi ben. Este ano estreamos novo Equipo de Biblioteca e como coordinadora e en representación de todos eles, dígovos que a vosa biblioteca e o voso amigo Dino xa vos están esperando para facer un montón de divertidas actividades coas que xuntos aprenderemos moitas cousas. A nosa intención é levaros da man para transmitiros a importancia dos libros, da lectura, da escritura e de manter a nosa biblioteca viva. De todo isto e de moitas cousas máis, irémosvos informando aquí, no voso blog de referencia. Ata prontísimo!