Entradas

Mostrando entradas de 2018

RECOMENDACIÓNS DE CINE PARA AS VACACIÓNS DE NADAL

Imagen
E aquí tedes alguhnas recomendacións de cine clásico para nadal para ver na casa para todos os gustos e idades. E para ver no cine... E se queredes saber algo máis sobre a autora de Mary Poppins recoméndovos esta película

XOGOS SOBRE CANCIÓNS DE CINE DE NADAL.

Imagen
Neste xogo terás que adiviñar a qué película de nadal pertence a música. Queres xogar?

BOS DESEXOS PARA O NADAL

Imagen
E o noso colexio enchouse de bos desexos para as festas. Todos os nenos e nenas do colexio sacaron os bolis e os lápices para escribir cartas e textos inspirados  nas súas películas favoritas en formato de postáis ou tiras de cine, quedando os nosos corridores ben bonitos.  Desde o Equipo da Biblioteca do centro, desexamos unhas Felices festas e moi boas vacacións a toda a comunidade educativa do Ceip de Abelendo. Vémonos o ano que ven!

E XA ESTÁ AQUÍ O NADAL

Imagen
Xa chegou  un ano máis o Nadal e desde a Biblioteca xa estamos organizando actividades para tal festividade. Para empezar, propoñemos que  todos e todoas alumnos/as e mestres/as, escribamos unha postal Navideña adicada á persona que nos toque nun sorteo que faremos o próxinmo Martes 11 de Decembro. O último día de clase, o 21 de Decembro, cada un de nós, entregará e recibirá a súa postal chea de amor e bos desexos para o ano que ben. Aquí tedes a carta de Dino: E aquí o modelo de Postal:

DECORACION NAVIDEÑA DO COLEXIO

Imagen
Este año, a decoración do colexio gustaríanos estivera relacionada co proxecto, O Cine. A tal fin, propoñemos que todos os nenos e nenas leven para casa unha tira de Cine, que decorarán con frases de cine cheas de bos desexos coas que logo o noso colexio quedará moi vistoso. Aquí vos deixamos a carta de Dino coa sua proposta.

NOVOS LIBROS PARA O PROXECTO "CINE" DO CENTRO

Imagen
Aquí tedes as últimas novidades para traballar no proxecto CINE do centro. Esperamos vos gusten!!

SAMAIN (2ª PARTE)

Imagen
E por fin chegou o gran día. O pasado 31 de Outubro festexamos no colexio O Samaín. Para empezar tivemos unha actividade  moi especial na nosa biblioteca. Inspirado no libro "A min no me comas" de Margarita del Mazo" os nosos alumos tiveron a oportunidade de asistir a unha representación dun teatrillo moi divertido que lles encantou. Por certo, que sepades que está disponible na biblioteca como unha novidade máis deste ano para cando queirades collelo en préstamo! Despóis fixeron unha grande festa cos doces que troxueron das súas casas, decorados con motivos propios desta festividade. Aquí tedes o libro. E aquí tedes a representación teatral

SAMAIN (1ª parte)

Imagen
Con motivo da festividade do Samáin, os nosos alumnos e alumnas fixeron uns retratos terroríficos inspirados na película "Hotel Transilvania". Logo decoraron os marcos con diferentes motivos. Quedaron terroríficamente xeniáis!!. Aquí tedes unha pequena mostra.  

AS NOVIDADES DE SAMAIN PARA ESTE ANO

Imagen
O equipo de Biblioteca, no seu grande interese para que os nosos alumnos/as lean cada vez máis, non fan máis que comprar libros divertidos e interesantes para eles. Neste caso, e dada a época do ano no que estamos, "O mes do medo", as últimas novidades están relacionadas cos mundos dos monstruos, zombies, e bruxas. Aquí as tedes.

INAUGURACION BIBLIOTECA CURSO 2018-2019

Imagen
Hoxe, 24 de Outubro Día das Bibliotecas Escolares, tivo lugar no colexio a inauguración da nosa biblioteca. Moitas horas de traballo e dedicación para deixala ben bonita e ter todo listo para que os nosos/as alumnos e alumnas poidan disfrutar das súas novidades deste ano. Os cursos de Primaria desde 1º a 6º, a visitaron ó longo da mañana para facer distintas actividades: Lectura das Normas, Entrega das mochilas viaxieiras, Formación de usuarios (entrega e uso dos marcaespazos, funcionamento da biblioteca ,organización dos libros por cores e temas e realización de préstamos) e maña tocaralles ós alumnos/as de Infantil. Pero sin faltar a presenza da nosa mascota Dino feito todo un director de cine!.

NOVAS SOBRE OS DEREITOS DAS FOTOGRAFIAS

Dada a nova normativa sobre os dereitos das fotografías dos nosos alumnos e alumnas, vémonos obligados a non publicar imaxes nas que eles aparezan. Polo tanto,  seguindo instruccións do departamento de Bibliotecas  Escolares e ata novas instruccións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dependente da Xunta de Galicia, as fotos que publiquemos neste blog serán únicamente dos espazos onde se realicen as distintas actividades. Lamentamos os inconvenientes derivados desta nova orde.

CARTAS DE BENVIDA DA NOSA MASCOTA -DINO-

Imagen
Próximamente chegarán ás nosas aulas as Cartas de Benvida de Dino, a nosa mascota da biblioteca. Dirixidas ós alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria, faranlles  reflexionar sobre o noso proxecto deste ano -O CINE- e axudarannos a coñecer cales son os seus gustos e as súas inquedanzas sobre este tema tan divertido e interesante. Ademáis, a carta inclúe unha invitación para a apertura oficial da biblioteca o próximo mércores 24 de Outubro cando faranse diferentes actividades para festexar o día Das Bibliotecas Escolares.                 

OS CINE-MARCAESPAZOS

Imagen
E xan están listos os marcaespazos para este ano. Inspirados no tema do proxecto -O cine- e coa nosa mascota -Dino-, cada neno e nena terá que personalizalos escribindo o seu nome e colorealos según o tipo de lector que sexan (azul, vermello ou verde). O próximo 24 de Outubro os nosos alumnos e alumnas aprenderán ou recordarán como usalos adecuadamente para manter a nosa biblioteca ordenada. Desde o Equipo de Biblioteca, propoñemos esta actividade que consideramos importante dentro das nomeadas como "Actividades para a Formación de Usuarios". Delanteira Traseira Lectores por cores

PRIMEIRAS NOVIDADES

Imagen
As primeiras novidades deste ano están expostas na entrada da nosa biblioteca. Libros para todas as idades, historias moi interesantes e divertidas coas que disfrutaredes no colexio ou nas vosas casas coas vosas familias. Estarán expostas uns días para que as coñezades e así, poder levalas despóis a casa como préstamo. E despóis vendrán outras, e outras e outras...seguindo sempre as vosas suxestións e as dos vosos mestres e mestras.

OS NOVOS USUARIOS DA BIBLIOTECA

Imagen
Os alumnos de 3 anos estaban moi impacientes por visitar  a biblioteca polo que xa non esperaron máis e foron coa sua mestra para que lles lera un conto. Alí coñeceron a nosa mascota Dino. Como primeira actividade de Formación de Usuarios, a Coordinadora do Equipo da Biblioteca explicoulles un pouquiño cómo está distribuida a biblioteca, onde poden atopar os libros que máis lles van a gustar (cor azul) e como teñen que portarse cando esté na biblioteca. Estiveron moi atentos e o pasaron xenial.

GUSTANOS A BIBLIOTECA

Imagen
Aos nosos alumnos e alumnas gústalles moito a biblioteca onde len libros e revistas, buscan información, fan as súas tarefas escolares e ven Dvds, E todo iso dínolo cantando en inglés!😍😍😍

VOLUNTARIOS BIBLIOTECA 2018-2019

Imagen
Xa está formado o novo Equipo de Axudantes Voluntarios da Biblioteca curso 2018-2019. Son os seguintes (de esquerda a dereita, de arriba abaixo);Lucas, Markus, Selina, Naiara, Asier, Xián, Nastia, Abel, Ivonne, Naiara e Hugo. Hoxe firmaron o contrato-compromiso que os nomea axudantes oficiáis. Recibiron o seu carné identficativo así como un agasallo moi especial como mostra do noso agradecemento.

A NOVA DECORACION DA BIBLIOTECA

Imagen
Despóis de varios días de traballo do Equipo de Biblioteca xuntamente cos voluntarios, remataron a decoración sobre o proxecto. Desde o Equipo de Biblioteca, agradecemos ós nosos alumnos e alumnas voluntarios que xa empezaron a traballar forte desde o primeiro día. Moitas grazas!!

TAYLOR, A NOSA NOVA AUXILIAR DE CONVERSA.

Imagen
Xa falta menos para a apertura da nosa biblioteca. O seu equipo (  mestres/as e alumnos/as voluntarios) estamos rematando a decoración e outros moitos detalles para o seu bo funcionamento. Pero iso non foi problema para Taylor, a nosa nova auxiliar de conversa que hoxe, na clase de inglés comezou xa a ler aos nosos alumnos/as de 1º de primaria un libro de peixes en inglés (Hooray for Fish!).  A eles lles encantou e ela tamén o disfrutou moito. Primeira actividade de moitas que esperamos facer con ela ao longo do curso para o fomento da lectura e o desenvolvemento da competencia lingüística.

OS CARTEIS DA BIBLIOTECA

Imagen
E xa están rematados os cartéis de cine que fixeron os nosos alumnos e alumnas. Inspirados nas súas películas favoritas e con seu toque persoal, faran a nosa biblioteca máis viva, personalizada e ambientada no proxecto de este ano: O CINE.