Para celebrar o mes das Bibliotecas Escolares chegou a Abelendo dende a Consellería de Cultura a exposición "As bases da banda". Esta é unha das razóns que nos levou a traer ás nosa biblioteca dita exposición que estará con nós ata comezos de decembro. A segunda foi que o proxecto documental que desenvolveremos este curso no colexio vai sobre a banda deseñada. Pretendemos que sexa o pulo motivador para as distintas investigacións que se levarán a cabo dende todos os ciclos educativos. Esta exposición realizada pola Asociación Cultural BD Banda e difundida pola Consellería de Cultura, consta de dez paneis que xa colocamos na biblioteca. Será completada cunha selección de bedés pertencentes aos fondos da biblioteca e outros de nova adquisición. Con esta interesante mostra sobre esta forma de comunicación que é considerada a novena arte estaremos en disposición de coñecer os seus elementos técnicos e narrativos dun xeito diferente; así como a comprensión e a