DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O pasado 11 de febreiro conmemoramos no colexio o Día da Muller e a Nena na Ciencia🔬. Na biblioteca non queriamos deixar pasar esta data tan importante e creamos uns xogos para que todo o alumnado poida desfrutar e aprender sobre mulleres científicas. 👩👧
O primeiro turno foi dos nenos e nenas de 6º de educación primaria, xa que era o día que lles tocaba usar a biblioteca, e non dubidaron en empregar algúns dos xogos.
Tamén aproveitaron a ocasión para traballar coa MALETA DOS OCÉANOS🐋, un recurso que chegou ao cole da man da Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo. Nesta maleta podemos encontrar multitude de dossiers con información e propostas de actividades moi interesantes para visibilizar o papel da muller na rama das ciencias.
O alumnado de 1º de educación primaria tamén traballou cos recursos da biblioteca
Na clase de 5 anos tivemos a sorte de poder ver un vídeo dunha muller QUÍMICA que nos mostrou diferentes experimentos cos ácidos, dos cales decidimos facer o do ovo e o vinagre. Pasados dous días puidemos comprobar que a cáscara do ovo volveuse blanca e blandiña e que o ovo por dentro seguía estando crú!!
Relacionado co proxecto do mar, fixemos barquiños de papel ⛵que se afundían, así que cambiámolos por plástico reciclado e desta vez si que flotaban!
Se queres descargar os nosos recursos, aquí os tendes a vosa disposición:
CLICK AQUÍ PARA IR AO GENIALLY SOBRE REBECA ATENCIA👇
PASATEMPOS ÁNGELES ALVARIÑO 4º, 5º E 6º
Comentarios