PRADEIRAS MARIÑAS, TESOUROS DA BIODIVERSIDADE
A semana pasada recibimos no colexio a visita do CEIDA - centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia-, que veu a darnos unha charla ao alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º sobre as PRADEIRAS MARIÑAS.
As pradeiras mariñas son necesarias porque grazas a elas os animais cobíxanse e poñen os seus ovos. Mantelas limpas é unha función moi importante para que moitos deste animais non se extingan e non perxudicar así o ecosistema mariño.
Se queres saber máis, podes clickar no seguinte vídeo 👉 PRADEIRAS MARIÑAS
Comentarios