DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O día 24 de outubro celebramos por todo o alto o Día das Bibliotecas Escolares. Estivemos de celebración ao longo de dúas semanas! Como na biblioteca non poden estar varias aulas á vez, o equipo de biblioteca optou por alongar esta celebración e facelo durante estas semanas.
Aproveitamos este día para inaugurar a nova biblioteca e comezar o proxecto deste curso: "EnMARañados". Así, a semana do 19 ao 23 tocoulle ao alumnado de infantil visitar a biblioteca, e a semana do 26 ao 30 turnáronse as clases de educación primaria.
Convertemos a biblioteca nun océano de medusas brillantes, acompañado dunha música de fondo mariño pero... Non todo é tan bonito como parece. Non todo o mar é azul, non todo o mar é calma... O mar está cheo de contaminación, que afecta á flora e á fauna.
Preme no vídeo se queres volver a ver a nosa presentación do proxecto👇:
Despois de visionar a presentación foi momento de poñerse mans á obra, É MOMENTO DE ACTUAR! ✅Se queremos axudar ao mar e ao Planeta Terra, temos que aplicar a regra das 3 R.
Aí vai a primeira: REUTILIZAR
As familias trouxeron plástico da casa para reutilizalo e facer animais mariños. Entre eles, medusas, pingüíns, carangexos, peixes paiasos, tiburóns, baleas, tartarugas... 🐋🐟🐳🐬Así, despois de ver o vídeo, nenos e nenas fixeron cadaquen o seu animal mariño.
Preme aquí se queres ver como celebraron os nenos e nenas de 3 anos da Profe Vane o Día das Bibliotecas Escolares 👉 DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES - 3 ANOS
Cal será o seguinte paso? Atentxs ao noso blogue 👀
Ata outra!
Comentarios