CERTAME DE RELATOS DE MEDO

Ola nenos e nenas, familias! O Samaín está a piques de chegar e non queriamos deixar pasar a oportunidade de celebralo por todo o alto. Aínda que este curso é moi atípico, nos temos ideas para todo!! Xa que non podemos xuntarnos nenos e nenas de diferentes aulas, a biblioteca do centro quere poñer en marcha un CERTAME DE RELATOS DE MEDO.

Para participar tedes que ter en conta o seguinte:

- Gravar un audio cun pequeno relato de medo, relacionado co mar ou con animais mariños.

- O relato non poderá ter unha duración superior a 2 minutos.

- Enviar o audio antes do MÉRCORES 28 DE OUTUBRO ao correo da vosa titora ou titor.

Esperamos os vosos relatos terroríficos!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

EXPERIMENTOS CON AUGA

LETRAS GALEGAS