Que podemos ler nestes días?

O día 2 de abril celebrase o día do libro infantil e xuvenil e para festexalo traémosvos unha proposta.

Animádesvos a enviarnos unha foto ou un vídeo recomendando un libro?


A lectura é un medio que nos permite viaxar sen saír da casa, por iso creemos que os libros e os contos pódennos axudar moito estes días. Gustaríanos encher o blog coas vosas recomendacións para que así nos animemos a ler e descubrir novas historias. 

Como participar?

  • Envíanos unha foto lendo un libro que nos queiras recomendar e escribe no mail porque che gusta tanto.
  • Envíanos un vídeo no que nos ensines o libro e nos expliques porque nolo recomendas.
A onde o enviamos?
 A dirección de correo electrónico bibliotecaabelendo@gmail.com

É verdade que non podemos ir a biblioteca a coller o libro que nos recomenden, pero pode que o teñamos na casa esquecido nun estante, que o atopemos nalgunha app ou que o podamos ver nun vídeo na rede. Se non é así, o bo é que pronto regresaremos ao cole e poderemos coller ese libro que nos recomendou un compañeiro e nos tiña tan boa pinta.


Comentarios

Entradas populares de este blog

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

EXPERIMENTOS CON AUGA

LETRAS GALEGAS