20/11/16

Día dos Dereitos dos Nenas e as Nenas 2016

Para conmemorar o Día dos Dereitos dos nosos nenos e nenas deixamos este video do texto que se leu este ano en moitos campos de fútbol galegos. Pincha na imaxe para poder velo.

16/11/16

OS NOSOS MEDOS

Con motivo da celebración do Samaín estivemos traballando a emoción do medo. Os nenos/as escribiron e ilustraron os seus medos nunhas follas que gardaban no bote dos medos situado no recuncho medo da biblioteca. Agora decidimos expoñer cada un dos medos nun mural para así compartir con todos os compañeiros/as.