28/10/16

SAMAÍN

Como cada ano celebramos o Samaín. Atopamos a nosa biblioteca e todo o cole DECORADO de forma monstrosa. Dino ata nos colocou un expositor onde podedes atopar LIBROS DE MEDO.
Tamén atopamos o BOTE DO MEDO para que contedes todas as emocións terroríficas que vos produce esta celebración. Esperamos que o sigades enchendo.
Non podían faltar as MERENDAS TERRORÍFICAS que degustamos con moito entusiasmo.

27/10/16

MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe puxéronse en marcha as mochilas viaxeiras cheas de libros de poesía, relatos, consulta, música, revistas e artigos educativos. Con ela poderedes gozar unha semana nas vosas casas elixindo as  lecturas que máis vos interesen. Esperamos que vos emocionen con xeito e poidades vivir uns bos momento en familia.

 

16/10/16

ENCARGADOS DA BIBLIOTECA VIVA

Os nosos fantásticos voluntarios/as encargados da biblioteca durante o recreo están traballando arreo para unha boa marcha da biblioteca. Para eles a todo o alumnado este espazo e moi especial xa que nel nos emocionamos e vivimos infinidade de aventuras, compartimos experiencias, investigamos e nos divertimos.




Este curso Dino quixo agasallalos cuns carnés de encargados da biblioteca moi simpáticos.



12/10/16

XA ESTAMOS EN MARCHA!!!

Benvidos a todos e todas: 
Estaba desexando que comezara o curso para continuar a nosa andaina xuntos, con ilusión e ganas de pasar tempo entre os libros e emocionarme con novas e divertidas a lecturas. Estou seguro de que viviremos moitas aventuras!!!