Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2019

GALA CLAUSURA BIBLIOTECA E DESPEDIDA TAYLOR

Imagen
Onte tivo lugar a Gala de clausura da biblioteca. Para comezar comezamos  coa presentación oficial do libro de relatos edittado polo Equipo de  biblioteca "Historias de Abelendo".  Entregamos un exemplar a cada un dos autores como recompensa ó esforzo e traballo que supón o labor do escritor/a. A continuación fíxemos entrega duns regaliños ós voluntarios/as da biblioteca premiando así o seu labor e compromiso. Asimesmo tamén quixemos premiar ó alumno que máis libros levou como préstamo. Para rematar  o evento os nosos alumnos/as de 5º de primaria fixeron un pequeno discurso en galego e inglés, adicado a nosa Auxiliar de conversa, Taylor, a modo de despedida dándolle a continuación uns detalliños para agradecerlle todo que aprendimos con ela e o ben que o pasamos. Moitas grazas Taylor!!. We're going to miss you!!!. Unha gala moi emotiva na que quixemos enfatizar a importancia de manter a nosa Biblioteca Viva coa participación de toda a Comunidade educativa do Ceip de Ab

HISTORIAS DE ABELENDO

Fai uns meses desde o Equipo de Biblioteca naceu a proposta de publicar unha serie de relatos curtos escritos por nosos alumnos/as xunto cos mestres/as. A nosa idea non era outra que intentar promover un proxecto común onde todos poideramos densenvolver a nosa competencia escrita. O resultado  deste proxecto experimental é HISTORIAS DE ABELENDO  no que compilamos todos os relatos recibidos. Un libro cheo de historias divertidas e emocionantes que vos encantará. Achegamos aquí a versión dixital pero xa temos un exemplar en versión papel na biblioteca do centro para todos aqueles que queran disfrutar da súa lectura. Desde o Equipo de Biblioteca manifestamos a nosa satisfacción polo éxito da proposta ó tempo que agradecemos e felicitamos a todos os participantes deste proxecto tan motivador e educativo.

SEMANA E UN DIA DO CINE (2ª PARTE)

Imagen
E hoxe lúns 6 de Maio, tocoulles os alumnos de 2º e 3º ciclo de primaria. Para empezar, os alumnos de 3º e 4º presentaronnos unha curtametraxe feita por eles. Grandes actuacións de grandes actores e actrices que fixeronnos pasarlo xenial. Para rematar os protagonistas fixeron e respostaron preguntas creando así un ambente tipo "cine-forum". Moi interesante velos falar sobre cine.             Despóis tocoulles os alumnos de 5º e 6º que empezaron a presentar (os de 6º) unha curtametraxe feita coa ferramenta "Stop-motion". Con mil y pico fotos e moita imaxinación, fixeron un grande traballo. Para rematar, contestaron ás múltiples preguntas que os alí presentes lle fixeron, tan interesados no seu proceso de creación. Os alumnos de 5º amosáronnos unhas verdadeiras obras de arte en formato maquetas inspiradas en famosas películas coñecidas por eles (King Kong, Titanic, Mary Poppins...etc) que formarán parte da decoración da biblioteca. Noraboa a todos/as!!