Entradas

Mostrando entradas de abril, 2019

TRABALLANDO NO PROXECTO NA AULA DE RELIXION

Os nosos alumnos/as estiveron a traballar no proxecto con "Dino ímolo pasar de cine" na aula de relixión. Fixeron a doblaxe dun clip da película Nemo. E quedoulles así de ben!

SEMANA E UN DIA DO CINE (1ª PARTE)

Imagen
Hoxe, 29 de Abril, comezamos a SEMANA DO CINE E UN DIA no colexio con motivo do Proxecto "Con Dino ímolo pasar de Cine". Como primeiro día de tal festividade, os alumnos de Infantil faláronos de cine, música, xéneros, oficios e de cómo o traballaron na clase. Os alumnos de 1º e 2º curso de primaria, fixéronnos unha representación cun teatrillo de "O Toro Ferdinando" que encantounos a tódolos alí presentes.       ALUMNOS/AS DE 3 ANOS   ALUMNOS/AS DE 4 ANOS ALUMNOS/AS DE 5 ANOS ALUMNOS/AS DE 1º E 2º CURSO PRIMARIA

CINE MIUDO E O FESTIVAL DE CINE DE PRIMAVERA DE VIGO 2019

Imagen
O pasado venres 26 de Abril todos os nosos/as alumnos/as asistiron a unha das actividades organizadas con motivo do Festival de Cine de Primavera de Vigo. Levada a cabo pola compañia "Cine Miudo" tiña como principal obxectivo facer disfrutar os nenos/as do cine e da música en directo. A actividade consistiu en musicalizar en directo diferentes pezas de grandes e coñecidas produccións (Indiana Jones, Felix Goes West, Charlot Boxeador, Los Minion...etc.). Foi todo un éxito xa que aprenderon cousas novas sobre o proxecto que estamos a traballar do cine e todos/as chegaron de volta encantados! Esperando o inicio da actividade A nosa alumna Alba participando na actividade O noso alumno Markus en plena actuacion Repoñendo forzas á saída Esperando ó bus de volta o colexio

A SEMANA E UN DÍA DO CINE

Imagen
O próximo lúns 29 de Abril comezará no centro, A SEMANA E UN DÍA DO CINE. Os alumnos/as de Infantil e 1º ciclo de primaria exporán na Biblioteca do centro os seus traballos relacionados co proxecto anual "CON DINO ÍMOLO PASAR DE CINE". E o seguinte lúns 6 de Maio, será o turno dos alumnos/as de 2º e 3º ciclo de Primaria. Para completar á semana todos os días despóis do recreo, na hora de lectura, proxectaranse nas aulas curtametraxes nos que se traballaran distintos aspectos relacionados co cine. Aquí deixamosvos algunhas recomendacións por si foran de interese.       AULA DE CINE                             CINE E VALORES                   

APADRIÑAMENTOS LECTORES 2019

Imagen
E un ano máis festexamos o Día do Libro organizando os habituáis Apadriñamentos lectores. Padriños e Madriñas e afillados e afilladas xuntáronse a compartir libros. Eles o disfrutaron moito e nós quedamos encantados de acompañalos na maravillosa aventura da lectura. Feliz día do libro!. Aquí vos deixamos una pequena mostra do evento, E un pequno vídeo das súas creacións ....e  unha recomendación.

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA CON AVOANDO.

Imagen
Hoxe 23 de Abril e con motivo do Día do Libro, tivemos unha visita moi especial na biblioteca. O grupo AVOANDO viño a facer dúas representacións. Para os máis pequenos contaron "A que sabe a lúa" e despóis cantamos todos xuntos un conto "O morcego de 3 cabezas". Estivo xenial e todos quedamos encantados. Moitísimas grazas a Nardo, Anxos e Raquel que coa súa profesionalidade e a súa tenrura, fixeronnos pasar un rato moi agradable.. Esperamosvos o ano que ven!! Representación do conto "A qué sabe a lúa"     Conto e canción "O Morcego de 3 cabezas".  

BOLLYWOOD VS. HOLLYWOOD

Imagen
Na clase de inglés os nosos alumnos/as de primaria estiveron a aprender cousas novas sobre as películas de Bollywood e as diferencias sobre as tan coñecidas de Hollywood con sus efectos especiáis e actores tan recoñecidos mundialmente. Despóis grabaron esta pequena historia e convertironse en dobladores moi profesionáis.

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Imagen
Un ano máis as mochilas viaxeiras saen da biblioteca cheas de libros para que os nosos alumnos/as as disfruten coas súas familias. E xa de volta, volven cheas de debuxos e comentarios que compartirán cos seus compañeiros.

APADRIÑAMENTOS LECTORES (2ª PARTE)

Imagen
Hoxe 8 de Abril os padriños e afillados tiveron unha primeira toma de contacto. Algúns deles non se coñecían moi ben polo que comezaron xogando, falando e comentando dos seus gustos lectores. Despóis xa entrados en materia,  foron a buscar os libros que máis lles gustaban. Un gusto ver a biblioteca chea de nenos e de nnas elexindo os seus libros e os afillados seguindo os consellos dos seus padriños máis expertos na lectura.. Agora xa están listos para o gran día que será o proximo 23 de Abril cando o colexio encherase de Padriños e afillados lendo as súas historias favoritas.

OS ALUMNOS DE 5º DE PRIMARIA E A BANDA SONORA DE "PITCH PERFECT"

Imagen
Os nosos alumnos/as de 5º de Primaria fixeron un traballo conxunto coa actriz Anna Kendrick cantanto a canción "Cups" (When I'm gone) que pertence a banda sonora da película "Pitch Perfect" (2012). Aquí tedes o resultado.

OS ALUMNOS DE 2º DE PRIMARIA TRABALLAN SOBRE O PROXECTO "CINE"

Imagen
Os alumnos de 2º de Primaria están a traballar no Proxecto da Biblioteca "Con Dino ímolo pasar de cine". Aquí tedes unha pequena mostra das súas películas favoritas.