Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

EN ABRIL LIBROS O PATIO (E EN MARZO TAMÉN).

Imagen
Coa chegada do sol e da calor, non poidemos resistirmos e, na hora de lectura, os alumnos/as de sexto de primaria sacaron os libros ó patio. Inda non chegou Abril (o mes no que soemos facelo) , pero desde o Equipo da Bibliotea pensamos que calquer momento e lugar é bo para disfrutar dun bo libro. Maravillosa estampa.😍😍😍

OS RESULTADOS DO LECTÓMETRO

Imagen
Os alumnos de primeiro xa empezaron a ver os resultados do seu lectómetro de aula. Aquí volos deixamos.

MUSEO CIENTIFICO NO COLE. AVERIGUAMOS SOBRE A ORIXE DO CINE.

Imagen
Dentro do proxecto deste ano "Con Dino ímolo pasar de Cine", o pasado 20 de Marzo os alumnos/as de 5º e 6º de Educación primaria visitaron un museo científico no propio centro que nos trouxo Ciencia e movemento no que poideron ver moitas ilusións ópticas e aritluxios precursores do cine moderno como o zoótropo ou o taumátropo e comprobaron como os seus ollos e o cerebro podenlles enganar fácilmente.

TALLER DE ILUSTRACION CON RAMON TRIGO

Imagen
O pasado Xoves 14 de Marzo, o artista plástico e ilustrador Ramón Trigo, estivo no centro para impartir un Obradoiro de Ilustración para os alumnos de 3º e 4º de Primaria (dentro do Programa de Seccións bilingües da Consellería de Educación). Na actividade o artista estivo acompañado polo mestre que imparte Plástica, pola mestra de inglés e pola súa titora. A primera parte da sesión comezóu cunha charla do autor de libros como "Las bombillas que se encienden y se apagan" ou "O Pirata Pata de Lata" onde explicóu a importancia das imaxes nos libros para rematar coa historia de "Felix o Vampiro" . A continuación entre todos -alumnos/as e artista-, debuxaron unha grande balea (THE HUNGRY WHALE) que xa decora os corridores do noso centro. Unha actividade moi interesante no que intentamos que os nosos alumnos e alumnas se acerquen un pouquiño máis ó marabilloso mundo dos libros.

NOVIDADES NO NOSO CATÁLOGO BIBLIOGRÁFICO

Imagen
E seguimos a mercar novos libros para que disfrutedes da lectura e aprendades moitas cousas. Aquí vos deixamos as últimas novidades.

DIA DA MULLER NA CIENCIA

Imagen
Este ano o Equipo de Biblioteca quixemos traballar conxuntamente dúas festividades moi importantes. Por unha banda, o Día da Muller e a Ciencia (11 de Febreiro) e por outra, o Día da Muller Traballadora (8 de Marzo) . Con tal motivo, hoxe tivemos a visita de dúas mulleres moi interesantes adicadas á ciencia e traballadoras do Instituto Oceanográfico de Vigo. Dona Araceli Escudero (Doutora en Bioloxía Mariña) e Dna Isabel Ramilo (Axudante Técnico de Laboratorio). Para comezar, os nosos/as alumnos/as Sara, Samuel (3º primaria) e Andrea e Raul (5º e 6º de Primaria) fixeron unha presentación do evento e das súas protagonistas. A continuación, unha interesante charla sobre fitoplancton, mareas vermellas e toxinas onde os nenos/as poideron facer preguntas dun tema tan cercano a eles e as súas familias.  A continuación todos os alí presentes tivemos a oportunidade de reflexionar sobre o papel da muller na sociedade en xeral e na ciencia en particular. Para rematar, o noso director fixo

8 DE MARZO DIA DA MULLER TRABALLADORA

Imagen
O próximo 8 de Marzo será o Día da Muller Traballadora. Desde o Equipo de Biblioteca e Dinamización proporemos distintas actividades para o día 7 no que tamén estarán presentes as mulleres e a ciencia. Adiantamos este cartel feito como recordatorio dun día tan importante para o desenvolvemento das mulleres como seres humáns. E se queredes investigar sobre o papel da muller na historia só tedes que buscar a través dos códigos QR que hai ó lada das imaxes.