Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

E TODAS AS ORDES DE DINO REMATADAS!

Imagen
 

E O VENRES POLA ALFOMBRA VERMELLA DESFILARÁS.

Imagen

O XOVES UNHAS ANTENAS DE EXTRATERRESTRES LUCIREMOS

Imagen

O MERCORES COAS NOTAS DO PENTAGRAMA A TUA ROUPA DECORARÁS

Imagen

O MARTES A NOSA CARA TERRORIFICA PINTAREMOS

Imagen

O LÚNS UN BIGOTE DE CHARLOT TRAEREMOS

Imagen
Chegan un ano máis as ordes de Dino previo Entroido. Neste caso, e coincidindo co Proxecto de Cine, todas estarán relacionadas cos distintos xéneros do Séptimo Arte que tanto gústanos. Comezamos!

OS ALUMNOS DE 3º E 4º DE PRIMARIA E O DOCUMENTAL

Como unha actividade máis relacionada co proxecto deste ano "Con Dino ímolo pasar de cine", os nosos alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria filmaron esta curta-documenal da súa visita ó Museo de Arte Contamporánea de Vigo (Marco) o pasado Xaneiro e con motivo da exposición "Pantoque" do artista plástico e ilustrador de libros infantiles -Ramón Trigo- e o fotógrafo e video-creador -Eduardo Armada, ambos de Vigo.

O RECREO NA BIBLIOTECA

Imagen
Esta é unha estampa normal un día calquiera no tempo de lecer. Os encargados/as da biblioteca xestionan os préstamos e devolucións dos libros Ordenan e organizan os libros e os espazos da biblioteca E outros, mentras tanto...xogan as cartas ou ó xadrez E para nós, un pracer velos disfrutar tanto da Biblioteca Viva de Abelendo!!😍😍😍😍

NOVO LOGOTIPO PARA O BLOG E A WEB DO CENTRO.

Imagen
O Equipo de biblioteca está que non para. Agora tócalle as novas tecnoloxías. Temos novo logotipo para o proxecto deste ano "CON DINO IMOLO PASAR DE CINE"...e por enriba....ANIMADO!!. We're on fire!!

OS ALUMNOS DE INFANTIL E O PROXECTO "CON DINO IMOLO PASAR DE CINE"

Imagen
Os nosos alumnos de 4 anos estiveron traballando a famosa película "Mary Poppins". Divirtíronse do lindo coa súa tutora escoitando as aventuras desta famosa "nani". E para rematar fixeron este bonito cartel que xa luce na nosa biblioteca. Bo traballo!!

DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Imagen
Desde o 2015, cada 11 de Febreriro festexamos o Día Internacional Da Muller e a Nena na Ciencia. Foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia das mulleres e as nenas ademáis de lograr a igualdade de xénero e empoderamento das mulleres e as nenas. Ambito: Epidemoloxía Ambito: Matemáticas Ambito: Comunicadora Científica Ambito: Enxeñaría biomédica Ambito: Investigación clínica Ambito:Investigadora farmacéutica Ambito: Enxeñaría robótica Ambito: Enxeñaría en tecidos Ambito: Enxeñaría téxtil

VII CERTAME RELATO CURTO

Imagen
Aquí deixámosvos información sobre o VII Certame Relato Curto organizado pola Editorial Kalandraka entre outros. Desde o Equipo de Biblioteca, animamos ós nosos alumn@s, mestres/as e pais e nais do Ceip de Abelendo, a que participen. Unha boísima ocasión para "Fomentar a creatividade, potenciar a expresión e a comprensión escrita, facilitar a publicación das creacións de novos artistas, e crear un espazo común para a creación artística". Aquí deixámosvos o cartel e as bases. Para máis información contactactar co Equipo de Biblioteca do Ceip de Abelendo. O prazo remata o 28 de Febreiro Animo e a por todas!!. Premede no enlace para ver as bases.

A NOSA PEQUENA HOMENAXE A ANTONIO GARCIA TEIJEIRO.

Imagen
Aquí deixamosvos unha pequena montaxe feita con motivo dos "Premios Fundación Cuatrogatos 2019"

O BUZON DE SUXESTIONS PARA A BIBLIOTECA

Imagen
Xa temos buzón de suxesión para que todos e todas podamos adaptar a biblioteca as nosas necesidades. Esperamos todas as vosas ideas!

O NOSO ILUSTRADOR DE REFERENCIA RAMON TRIGO

Imagen
O pasado martes 22 de Xaneiro, os nosos alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria visitaron o Museo de Arte Contemporánea de Vigo para coñecer de primeira mano a exposición chamada PANTOQUE do artista plástico e ilustrador RAMON TRIGO o e o fotógrafo EDUARDO ARMADA. Con tal motivo, tivemos tamén a sorte de que Ramón adicáranos algúns dos libros ilustrados por él e o xogo de mesa Sabidurius tamén ilustrado por él. Ó rematar a visita, os nosos alumnos/as fixeron este libriño tan orixinal con algúna das temáticas da exposición cos que decoramos a nosa biblioteca. Unha visita moi completiña onde os nen@s aprenderon sobre libros e arte dun xeito moi divertido.                  Algúnhas das obras ilustradas por Ramón Trigo, adicadas ós alumnos/as do Ceip de Abelendo.   

TRABALLANDO COAS PALABRAS E O CINE.

Imagen
Os alumnos de infantil comenzaron unha actividade na que xogarán coas palabras e farán moitas actividades con elas. Para iso empregarán algúns dos libros que xa temos mercado na biblioteca; "El Ladrón de Palabras" de Nathalie Minne; "El coleccionista de palabras" de Peter H.Reynolds   "La coleccionista de palabras" de Sonja Wimmer ou "Palabras con corazón"  de Kate Jane Neal. Títulos todos moi suxestivos e que dan gañas de comezar a ler e non parar. Por outro lado, os alumnos de 1º de Primaria, estiveron a traballar no proxecto de Cine e fixeron está bonita decoración para a porta da nosa biblioteca. A nosa mascota Dino seguro quedou encantada!

E SEGUIMOS A DECORAR A NOSA BIBLIOTECA

Imagen
Como novidade deste mes de Febreiro, amosámosvos este debuxo para decorar a nosa biblioteca. Inspirado nunha famosa cita do poeta e dramaturgo francés Jules Renard, lembraranos a diario a importancia de ler para ter unhas mentes abertas e críticas.