Entradas

Mostrando entradas de 2019

NADAL NA BIBLIOTECA

Imagen
Dende a biblioteca os nenos/as deste centro estiveron facendo diferentes obradoiros para adornar a súa biblioteca e ter un aspecto navideño. Participaron moitos nen@s e mestre@s, que durante as horas do recreo colaboraron para que a biblioteca convertérase nun lugar encantado da maxia do nadal. Ademáis todos os nen@s que quisieron levar un libro para a súa casa e disfrutar da súa lectura, foron obsequiados cun  marcapáxinas de agasallo.

Visita dos maiores aos pequenos

Imagen
Hoxe, mércores 11 de decembro, unha parte do noso alumnado recibiu na biblioteca do colexio a un grupo de maiores que viñeron facer diferentes actividades con eles.  O noso alumnado decidiu darlles un pequeno agasallo: una postal navideña feita por eles.  Foi unha actividade moi emotiva na que todos, pequenos e maiores, disfrutaron moito. Grazas por ensinarnos tanto!

VISITA da protectora de animais do MORRAZO

Imagen
Comezamos decembro con moitas sorpresas!! A primeira delas é a visita da Protectora de Animais do Morrazo. Que ben o pasamos!! Ao principio estábamos un pouco asustados e asustadas ao ver a un can tan grande, pero despois xa nos demos conta de que León era un anaco de pan!! Deunos moitos bicos e quería agarimos todo o tempo, canto desfrutamos! A protectora de animais é unha organización sen ánimo de lucro que leva dende o ano 1993 rescatando, coidando e facéndose cargo daqueles animais, especialmente cans, que son abandonados polos seus donos. Na visita ao noso colexio contáronnos todo o que alí fan e todos os coidados básicos que precisan os cans: xogar, ir ao veterinario, saír a pasear, asealos... Ensináronnos tamén nun vídeo como é un día normal na protectora e puidemos ver que fanse cargo de coidar a moitos canciños!! Ademais, tivemos a oportunidade de darlle de comer e aprender a recoller as "cacas" que deixan os cans. Podes ver a súa páxina web clican

LIBROS PARA PAIS E NAIS

Imagen
  Animádevos pais e nais a coller un libro.  Os libros atópanse na entrada do centro. Unha oportunidade única de disfrutar de novas aventuras e de ter un tempo de ler con vosos fillos/as. Dende a biblioteca gustaríanos que fixerades uso deste servizo. Un saúdo  

Contos de igualdade

Imagen
Con motivo do día internacional da eliminación da violencia contra a muller, colocamos este expositor de libros na entrada da biblioteca. Un expositor cheo de novidades! Achégate a botar unha ollada!

Contacontos

Imagen
Este ano temos unha novidade moi emocionante para os alumn@s de infantil. Todos os luns, despois do recreo, as mestras de infantil farán unha sesión de contacontos. No primeiro contacontos comezou a mestra Vanessa con dous libros super emocionantes: 'O incrible neno devorador de libros' 'A que sabe a lúa?'

Proxecto MOAÑA ANTIQUA

Imagen
" MOAÑA ANTIQUA" Como se de un xogo se tratase, os nenos/as de Infantil e Primaria do CEIP Abelendo foron por uns momentos, detectives privados. Coa axuda das súas familias, tiñan que descubrir lugares con historia. Os titores deron aos seus nenos/as unha ou dúas fotografías antigas que despois eles atoparían o lugar no ano no que nos atopamos. Logo os mestres realizaron un traballo conxunto con todas as aportacións que fixeron os nenos da súas investigacións acerca do sitio, do seu uso, que cousas cambiaron etc... Extraordinaria labor das familias, nenos/as e mestres. Vemonos pronto nunha nova actividade!!!

CONTOS NA LAREIRA

Imagen
Non hai moitos anos, cando non había electricidade nas casas e tampouco calefacción,   a xente reuníase polas noites arredor do lume da lareira para quentarse e poder verse uns aos outros. Nese momento os maiores contaban contos que os seus antergos lles transmitiran da mesma maneira, contos que se transmitían de uns a outros oralmente. Neste 2019 para a celebración da festa de orixe celta do Samaín organizamos no cole unha actividade a que chamamos “Contos na Lareira” para que os alumnos/as puideran vivir en primeira persoa como eran aqueles tempos e como se transmitían oralmente moitos contos e lendas que hoxe chegaron ata nó s. Coa axuda de tres nais que felizmente se ofreceron voluntarias María Martínez, Sheila Ferral e Iria Piñeiro e coa coordinación de Xosé Manuel, reunímonos arredor da nosa lareira e contamos historias para que os nenos perdan o medo a seres míticos e lendas. Iria Piñeiro contounos a historia: “Unha pantasma con asma”, Sheila Ferral cont

HALLOWEEN STORIES

Imagen
  Os nenos/as de sexto curso de Primaria foron a contar unha historia de medo  en inglés, aos nenos/as de primeiro e de segundo nivel de Educación Primaria.    Todos/as escoitaron con moita atención o conto chamado "Meg and Mog".    A experiencia foi xenial tanto para maiores como para os máis cativos. ¡Seguiremos contando máis historias, ao longo deste curso!!!    

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Imagen
Onte día 24 de outubro, comenzou o noso gran día, fumos repartindo as mochilas viaxeiras para dar por inagurada a nosa nova biblioteca. Foi xenial ver a todos os nenos/as con esas caras de alegría e felicidade. Disfrutar moito do contido delas e  non os esquezades  de volver a traelas en bo estado. Un saúdo Os axudantes da biblioteca.😀

Inauguración da biblioteca

Imagen
Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DE BIBLIOTECAS decidimos abrir as portas da nosa nova biblioteca. Os axudantes de Dino foron os encargados de explicarlles aos diferentes grupos de alumnos todos os cambios e novidades da nosa biblioteca durante este curso escolar. Ademais, tamén repartiron as mochilas viaxeiras. Ademais, para a inaguración da biblioteca na etapa de infantil e primeiro ciclo de primaria contamos cunha actuación moi especial. Patricia Merchán, a autora do libro Aprende con Chu Cu Chú, quixo compartir o seu libro con todos nós e agasallarnos cun gran contacontos, xa que forma parte do noso claustro. Grazas Patry por este fermoso contacontos. Que ben o pasamos!!

CAIXA DE SUXESTIÓNS

Imagen
O alumnado do CEIP Abelendo ten un buzón de suxerencias para mellorar a nosa biblioteca. Dino púxose moi contento cando estos/estas nenos/as quixeron suxerirlle algunha cousiña. Grazas Dino por axudarnos a ter unha biblioteca bonita e sinxela para coller infinidade de libros e xogos educativos.

AXUDANTES DE DINO

Imagen
 Bos días nenos/as do CEIP de Abelendo, Dino quere presentarvos aos seus axudantes de biblioteca, xa que últimamente anda moi atareado e xa vai para vello, por iso formou este equipo, xente nova, con ganas de traballar e de axudar en todo o que faga falta. ¡GRAZAS A TODOS, SOMOS UN EQUIPAZO!

BENVIDOS A UN NOVO CURSO 2019/2020

Imagen
Benvidas cabaleiras e cabaleiros do castelo CEIP Abelendo, a un novo curso escolar. Son Dino, o rei desta maxestuosa sala chamada biblioteca, onde poidamos vivir grandiosas aventuras, lendo  e xogando con diversos aparellos novesodos para nosa época. Convido a todos/as os habitantes deste castelo a compartír o meu recuncho a partir do día 24 de outubro para comenzar a disfrutar deste habitáculo.    Non vos esquezades de vir.   Que a biblioteca conquiste os vosos soños caballerescos!!! DINO.

GALA CLAUSURA BIBLIOTECA E DESPEDIDA TAYLOR

Imagen
Onte tivo lugar a Gala de clausura da biblioteca. Para comezar comezamos  coa presentación oficial do libro de relatos edittado polo Equipo de  biblioteca "Historias de Abelendo".  Entregamos un exemplar a cada un dos autores como recompensa ó esforzo e traballo que supón o labor do escritor/a. A continuación fíxemos entrega duns regaliños ós voluntarios/as da biblioteca premiando así o seu labor e compromiso. Asimesmo tamén quixemos premiar ó alumno que máis libros levou como préstamo. Para rematar  o evento os nosos alumnos/as de 5º de primaria fixeron un pequeno discurso en galego e inglés, adicado a nosa Auxiliar de conversa, Taylor, a modo de despedida dándolle a continuación uns detalliños para agradecerlle todo que aprendimos con ela e o ben que o pasamos. Moitas grazas Taylor!!. We're going to miss you!!!. Unha gala moi emotiva na que quixemos enfatizar a importancia de manter a nosa Biblioteca Viva coa participación de toda a Comunidade educativa do Ceip de Ab

HISTORIAS DE ABELENDO

Fai uns meses desde o Equipo de Biblioteca naceu a proposta de publicar unha serie de relatos curtos escritos por nosos alumnos/as xunto cos mestres/as. A nosa idea non era outra que intentar promover un proxecto común onde todos poideramos densenvolver a nosa competencia escrita. O resultado  deste proxecto experimental é HISTORIAS DE ABELENDO  no que compilamos todos os relatos recibidos. Un libro cheo de historias divertidas e emocionantes que vos encantará. Achegamos aquí a versión dixital pero xa temos un exemplar en versión papel na biblioteca do centro para todos aqueles que queran disfrutar da súa lectura. Desde o Equipo de Biblioteca manifestamos a nosa satisfacción polo éxito da proposta ó tempo que agradecemos e felicitamos a todos os participantes deste proxecto tan motivador e educativo.

SEMANA E UN DIA DO CINE (2ª PARTE)

Imagen
E hoxe lúns 6 de Maio, tocoulles os alumnos de 2º e 3º ciclo de primaria. Para empezar, os alumnos de 3º e 4º presentaronnos unha curtametraxe feita por eles. Grandes actuacións de grandes actores e actrices que fixeronnos pasarlo xenial. Para rematar os protagonistas fixeron e respostaron preguntas creando así un ambente tipo "cine-forum". Moi interesante velos falar sobre cine.             Despóis tocoulles os alumnos de 5º e 6º que empezaron a presentar (os de 6º) unha curtametraxe feita coa ferramenta "Stop-motion". Con mil y pico fotos e moita imaxinación, fixeron un grande traballo. Para rematar, contestaron ás múltiples preguntas que os alí presentes lle fixeron, tan interesados no seu proceso de creación. Os alumnos de 5º amosáronnos unhas verdadeiras obras de arte en formato maquetas inspiradas en famosas películas coñecidas por eles (King Kong, Titanic, Mary Poppins...etc) que formarán parte da decoración da biblioteca. Noraboa a todos/as!!