Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Imagen
Hoxe celébrase o Día Mundial do Libro , unha data que pretende render unha homenaxe universal aos libros e autores, animando a toda a sociedade a descubrir o pracer pola lectura e a valorar as insubstituíbles contribucións ao progreso social e cultural da humanidade. Dende a Biblioteca Viva quixemos render a nosa pequena homenaxe aos libros e contos, para iso,os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria foron padriños e madriñas lectoras dos compañeiros de cursos inferiores. Ademais de compartir lecturas fixeron debuxos e resumos dos contos que leron pasando un rato moi agradable e nun contorno inmellorable.   Nenos e nenas lendo por diferentes espazos do patio       Despois de ler tocou crear,...   Para rematar bailamos e cantamos a canción IMAXÍNATE de Migallas e "NUN LIBRO" de Paco Nogueiras.

ABRIL MES DOS LIBROS (MURAL DO DÍA DO LIBRO)

Imagen
Aquí tedes un vídeo do mural que os nenos e nenas estiveron preparando con motivo do Día do Libro co profe Manel.                      

ABRIL MES DOS LIBROS (HORA DE LER NO PATIO)

Imagen
Dino tamén quere animar aos profes e nenos e nenas a facer a hora de ler no patio do cole. Animádevos que é moi divertido!!! Nenos e nenas de 1º e 2º lendo no patio.   Alumnas e alunmos de 3º   Nenos e nenas de 4º de primaria    

ABRIL MES DOS LIBROS (PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS)

Imagen
O 23 de abril celébrase o Día do libro e Dino quere propoñer diversas actividades para conmemorar o mes dos libros como é a dos  padriños e madriñas lectoras. Os alumnos 4º, 5º e 6º serán padriños e madriñas lectoras dos alumnos de Edúcación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria o Día do libro. Para ser un bo padriño e unha boa madriña lectora primeiro temos que coñecer aos nosos afillados e afilladas e os contos e libros que lles gusta e que mellor que facerlles unha visita e compartir xogos.  

DÍA DO AUTISMO

Imagen
O pasado 6 de abril con motivo da celebración do "Día internacional do autismo" (2 de abril) os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria leron o conto "El cazo de Lorenzo" aos demais compañeiros do cole. Os alumnos de 6º tamén se quixeron sumar á celebración lendo un manifesto sobre o autismo .  Tamén estivemos vendo dúas curtametraxes sobre o autismo. Por último, repartíronse aos alumn@s como agasallo un lapis azul cunha dedicatoria en forma de corazón: "O autismo como o esencial, é invisible aos ollos vese co corazón" .       Entregando os agasallos recordatorio "Día do autismo" Aquí vos deixamos un vídeo: