Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018

DÍA DA POESÍA

Imagen
Como todos os anos o 24 de marzo celébrase o Día da poesía e este ano quixemos adicarllo a inolvidable poeta dos nenos Gloria Fuertes xa que o ano pasado foi o centenario do seu nacemento. Para iso traballamos nas clases poesías dela e ilustramos e reproducimos algúns dos seus poemas como os do libro "Poemas de La oca loca" que nos ofrece unha selección de rimas con xogos de palabras, musicalidade, tenrura,. . Coas creacións feitas polos nenos e nenas fixemos un mural na entrada do cole.

LECTÓMETRO DE 2º DE PRIMARIA

Imagen
Na clase de 2º os nenos e nenas están lendo un montón e gústalles moito apuntar as súas lecturas no lectómetro.

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Imagen
Hoxe celebrouse o Día da muller e Dino quixo preparar unha actividade para todo o alumnado do cole. Preparou un mural baixo o título de 8 DE MARZO DÍA DAS MULLERES EXTRAORDINARIAS cheo de  códigos QR que nos enlazaban con vídeos ou noticias de prensa de mulleres como Rosalía de Castro, Antía Cal, Gloria Fuertes, María Pita ,... e outros nos ofrecían un nome dunha muller relevante para que os cativos investigasen na sección de biografías da biblioteca e cubrisen unha ficha técnica no cal debían explicar quen era esa muller, por qué  era improtante, que fixeran un resumo da súa labor, un debuxo... Nenos e nenas co Ipad lendo os Códigos QR Vendo os vídeos aos que levan os Códigos QR , cubrindo a información, lendo,...   Mural que preparou Dino