Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2017

ENCARGADOS DA BIBLIOTECA

Imagen
Hai un par de semanas os encargados da biblioteca comezaron a súa labor durante os recreos. SUPERDINO quere animar a todos os nenos e nenas a que pasedes por este lugar tan importante como é a BIBLIOTECA VIVA do cole, onde poderedes vivir moitas aventuras, viaxar polo mundo da imaxinación e divertirvos cos libros.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Imagen
Hai dúas semanas saíron do cole polas casas de Abelendo as mochilas viaxeiras cargadas de aventuras, contos, historias, receitas, noticias,... Esperamos que as desfrutedes!!!    Os alumnos de 2º de Educación Primaria collendo a mochila viaxeira.

PREPARÁNDO A NOVOS BIBLIOTECARIOS/AS

Imagen
Hai uns días tivemos unha charla- formativa co alumnado de 4º e 5º que vai ser encargado da biblioteca durante os recreos.Tivemos a sorte de contar coa colaboración da profe Elisa que  nos explicou como está distribuída a BIBLIOTECA VIVA , (espazo para prelectores, primeiros lectores e lectores autónomos). Tamén explicou as partes dun libro e o significado dos gomets e números que aparecen no lombo de cada libro. Por último nos contou como se fai o empréstito e devolución dos libro no programa MEIGA . Pouco a pouco iremos colléndolle o xeito!

CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN

Imagen
A semana pasada celebrámolo SAMAÍN no cole . Dende o equipo de Dinamización da lingua galega se propuxeron diversas actividades como a tradicional exposición de cabazas, a merenda mostrosa, a creación de contos de medo que despois se queimaron acompañados dun conxuro,... Dende a biblioteca DINO tamén quixo aportar o seu granciño de area decorando a porta da biblioteca e realizando unha pequena exposición de contos de medo para animar aos cativos/as a ler contos de medo.   Lemos contos de medo inventados por nós aos demais compañeiros.

MURAL DA BIBLIOTECA

Imagen
Xa temos novo mural que preside a biblioteca baixo o título de "Superdino e os gardiáns da terra" , pois este curso o proxecto de centro virá sobre o medio ambiente, a natureza e os seus coidados. O noso lema é:   UN MUNDO NOVO, PROXECTO COMÚN DE TODOS