Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2017

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Imagen
Este ano  dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega para celebrar o Día de Rosalía propúxose decorar a entrada do colexio con murais sobre Rosalía de Castro. Por outra banda, os nenos e nenas de todos os cursos decoraron as letras dun poema de Rosalía a xeito de cenefa por riba do pasamáns. Dende a biblioteca tamén quixemos colaborar realizando unha pequena exposición cos libros de Rosalía.  

ENTROIDO 2017

Imagen
  O vindeiro venres, día 24, celebramos o ENTROIDO en Abelendo. Este ano, como estamos traballando nun proxecto que como sabedes titulamos "Emociónate con xeito" imos ir de EMOTICONOS. Convidamos a todas as familias a que nos acompañen levando o seu disfraz de emoticono. Se o tempo o permite subiremos a San Martiño en pasarrrúas; queremos cubrir Abelendo de ruído e alegría. Agradecemos tamén dende aquí a colaboración das familias que como todos os anos, nos fan chegar lambetadas de entroido coas que damos un toque gastronómico a un día tan especial. Para ir quentando motores Dino comeza coas súas ordes:   O VENRES DE EMOTICONOS    todos imos vir  enfadados, ledos, namorados....  o voso queremos descubrir.