Entradas

Mostrando entradas de 2017

BO NADAL E FELIZ ANINOVO

Imagen

GUÍAS DE LECTURA

Imagen
Como é habitual o Equipo de Dinamización Lingüística do Morrazo elaborou unhas guías con recomendacións en galego. O obxectivo destas guías é facer chegar ás familias e a toda a comunidade educativa, suxestións de lecturas e música para todas as idades.Con elas pretendemos que os vosos fogares se enchan de cultura en galego.

ENCARGADOS DA BIBLIOTECA

Imagen
Hai un par de semanas os encargados da biblioteca comezaron a súa labor durante os recreos. SUPERDINO quere animar a todos os nenos e nenas a que pasedes por este lugar tan importante como é a BIBLIOTECA VIVA do cole, onde poderedes vivir moitas aventuras, viaxar polo mundo da imaxinación e divertirvos cos libros.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Imagen
Hai dúas semanas saíron do cole polas casas de Abelendo as mochilas viaxeiras cargadas de aventuras, contos, historias, receitas, noticias,... Esperamos que as desfrutedes!!!    Os alumnos de 2º de Educación Primaria collendo a mochila viaxeira.

PREPARÁNDO A NOVOS BIBLIOTECARIOS/AS

Imagen
Hai uns días tivemos unha charla- formativa co alumnado de 4º e 5º que vai ser encargado da biblioteca durante os recreos.Tivemos a sorte de contar coa colaboración da profe Elisa que  nos explicou como está distribuída a BIBLIOTECA VIVA , (espazo para prelectores, primeiros lectores e lectores autónomos). Tamén explicou as partes dun libro e o significado dos gomets e números que aparecen no lombo de cada libro. Por último nos contou como se fai o empréstito e devolución dos libro no programa MEIGA . Pouco a pouco iremos colléndolle o xeito!

CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN

Imagen
A semana pasada celebrámolo SAMAÍN no cole . Dende o equipo de Dinamización da lingua galega se propuxeron diversas actividades como a tradicional exposición de cabazas, a merenda mostrosa, a creación de contos de medo que despois se queimaron acompañados dun conxuro,... Dende a biblioteca DINO tamén quixo aportar o seu granciño de area decorando a porta da biblioteca e realizando unha pequena exposición de contos de medo para animar aos cativos/as a ler contos de medo.   Lemos contos de medo inventados por nós aos demais compañeiros.

MURAL DA BIBLIOTECA

Imagen
Xa temos novo mural que preside a biblioteca baixo o título de "Superdino e os gardiáns da terra" , pois este curso o proxecto de centro virá sobre o medio ambiente, a natureza e os seus coidados. O noso lema é:   UN MUNDO NOVO, PROXECTO COMÚN DE TODOS 

CONCERTO DE MÚSICA NA BIBLIOTECA VIVA

Imagen
Hoxe tivemos o pracer de recibir na nosa biblioteca o CMUS que nos deleitou cun concerto de música clásica. Tivemos a posibilidade de ver de preto instrumentos que non temos no cole, viaxamos polo mundo da música clasica e fomos espectadores dunha gran obra. Moitísimas grazas!!!  

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2017- 2018

Imagen
Ola rapaces e rapazas benvidos ao novo curso escolar 2017-2018!!! Espero que veñades cheos de ENERXÍA , de GANAS DE TRABALLAR , de SENTIR , de vivir un novo curso cargados de ILUSIÓN e ENTUSIASMO , para de novo compartir moitas EXPERIENCIAS , APRENDIZAXES , e vivencias todos xuntos.   Espero que pasárades unhas boas vacacións!!! E u tamén disfrutei dabondo, visitando moitos lugares da terra,... Pero sabedes que? Mentres estabamos de vacacións unha profe deste colexio preparou algo moi especial para o meu lugar favorito: a nosa BIBLIOTECA Aquí vos deixo unha pista en forma de adiviña:   Te ñ o follas sin ser árbore,   fálote sin ter voz, se me abres non me queixo, adiviña quen son eu. Pois si, acertastes: FÍXONOS UN CONTO !!!: Pero,... vos fixastes!!! Está escrito en inglés, por iso é moi fácil de adiviñar quen o escribiu: a profe BELÉN. Por iso dende todo o cole e en especial desde A BIBLIOTECA querémoslle darlle MOITAS GRAZAS!!! Deste xeito

Dia do libro en Abelendo

Día do libro

Para conmemorar o día do libro, os padriños e madriñas van ler os libros escollidos os seus afillados e afilladas lectoras. Para plasmar esa experiencia farán un pequeno debuxo da historia e finalmente cantaremos todos xuntos a canción "Nun libro" de Paco Nogueira. Para que vaiades practicándoa deixamos aquí o video da canción. Todos e todas a cantar! Pincha aquí para ver o video da canción

21 de marzo Día da poesía

Imagen
Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía e nos invita a reflexionar sobre o poder da linguaxe poética e o florecemento das capacidades creadoras de cada persoa.   Por iso Dino preparou unha exposición de libros de poesía ao lado da porta da biblioteca. Ademais aconsellounos que a dicaramos a hora de ler para  ler poesía durante toda a semana. Por último, cada clase compuxo poesías e foron recita l as aos demais c ompañeiros/as .