Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2016

Biblioteca Viva

Imagen

Letras Galegas 2016

Imagen
Organizadas dende Dinamización lingüística, este ano estamos a facer moitas actividades no mes das Letras Galegas. Participamos na actividade “Vestir Moaña de poemas de Manuel María”. Fomos todo o cole a San Martiño e nas árbores do adro colgamos as súas  poesías ilustradas polos nenos e nenas.    Construímos entre todos un muro coas palabras máis fermosas da nosa lingua, elixidas por todos nós. Corremos no Cross das Letras Galegas nun día soleado no que participou toda a comunidade educativa. Asistiremos a unha charla na BE sobre Manuel María.  Estará con nós Manuel Méndez, un profe moi querido, co que sempre aprendemos moito.  Participaremos nunha exposición con códigos QR, titulada ” 54 primaveras máis”, dos últimos nove homenaxeados no Día das Letras Galegas. Estaremos o día 30 en Cangas de Morrazo no Correlingua 2016.  Temos xa listas as camisetas para a marcha pola lingua.

Vivindo en galego

Imagen

O libros dos nosos libros favoritos