20/12/16

"XAMÁIS UN RÍO DIFERENTE"



Hoxe tivemos a sorte de ter con nós a Rosario Vázquez Cermeño coñecida por moitos de nós como a profe Charo,e a Luis Pérez Rivas que tamén foi mestre e xefe de estudos neste centro.
O motivo da súa visita foi a de compartir con todos nós a presentación da incursión de Charo no eido da literatura, coa publicación do seu libro: “XAMAIS UN RÍO DIFERENTE”, onde podemos observar a súa faceta como CREADORA DE SOÑOS, EMOCIÓNS E HISTORIAS.


Charo contounos a historía do seu libro mentres Luis fixo de mestre de cerimonias, facendo a ledicia dos asistentes amenizando a presentación coa dramatización da vida do río Xamáis.

Os alumnos e alumnas estaban entusiasmados participando en todo momento na presentación do libro.


Gozamos dunha mañá literaria chea de preguntas e sorpresas.



MOITAS GRAZAS CHARO E LUIS. VOLVEDE CANDO QUEIRADES!!!!

14/12/16

A urna dos desexos

Con motivo da chegada do Nadal, Dino síntese moi alegre e propuxo aos nenos e nenas do cole que escribiran  os seus desexos  para estas datas e para o vindeiro ano. Pero non calquera tipo de desexos senón aqueles que non veñen envoltos en papel de regalo, é dicir, desexos que non se poden mercar. Despois de escribilos nuns papeliños de cores, metéronos nunha caixiña ao lado da porta da biblioteca.