6/6/16

Luns de teatro

O grupo de teatro de nais e avoas de Abelendo estrearon, hoxe na biblioteca, a obra de Manuel María, "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela"
Derrocharon alegría, enerxía e emoción.
A posta en escea, os decorados, o vestiario foron pensados, deseñados e realizados por estas mamás tan creativas e profesionais.
 Grazas polo entusiasmo que puxéchedes no proxecto.
Grazas por eses ensaios tan emocionantes e divertidos.
Conseguíchedes transmitirlles aos nenos e nenas o importante que é saber loitar contra as situacións inxustas, os abusos de poder, as imposicións, a discriminación ao diferente.