22/5/16

Letras Galegas 2016

Organizadas dende Dinamización lingüística, este ano estamos a facer moitas actividades no mes das Letras Galegas.

Participamos na actividade “Vestir Moaña de poemas de Manuel María”. Fomos todo o cole a San Martiño e nas árbores do adro colgamos as súas  poesías ilustradas polos nenos e nenas.
  

Construímos entre todos un muro coas palabras máis fermosas da nosa lingua, elixidas por todos nós.


Corremos no Cross das Letras Galegas nun día soleado no que participou toda a comunidade educativa.

Asistiremos a unha charla na BE sobre Manuel María. 
Estará con nós Manuel Méndez, un profe moi querido, co que sempre aprendemos moito. 

Participaremos nunha exposición con códigos QR, titulada ” 54 primaveras máis”, dos últimos nove homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Estaremos o día 30 en Cangas de Morrazo no Correlingua 2016. 
Temos xa listas as camisetas para a marcha pola lingua.