10/2/16

Entroido 2016

O próximo venres, día 12, celebraremos a festa do Entroido en Abelendo.
Este ano, como estamos traballando nun proxecto que como sabedes titulamos "Un planeta na mochila" imos ir de Exploradores e Exploradoras.
Convidamos a todas as familias a que nos acompañen levando un disfraz relacionado co tema.
Esperamos que teñan aprendido a canción do Entroido 2016 para cantala todos xuntos no cole.

Se o tempo o permite subiremos a San Martiño en pasarrrúas; queremos inundar todo Abelendo de ruído e alegría.
Agradecemos tamén dende aquí a colaboración das familias que como todos os anos, nos fan chegar lambetadas de entroido coas que damos un toque gastronómico a un día tan especial.

1/2/16

Día da Paz

Celebramos este día tan sinalado con moitas e variadas actividades:
Escoitamos á mamá de Markus que nos achegou a outras realidades tan distintas á nosa.
Partindo do mural "Camiñante, non hai camiño" colocamos nas paredes do cole pegadas con reflexións sobre a Paz.
Recitamos o poema "Cantares" de Antonio Machado, na versión de Joan Manuel Serrat.
Bailamos todos xuntos.
E para rematar este día tan soleado e festivo, compuxemos distintos murais coa contorna das nosas mans, deixando voar a nosa creatividade.
Mirade como transcurriu o día: