Entradas

Mostrando entradas de 2016

"XAMÁIS UN RÍO DIFERENTE"

Imagen
Hoxe tivemos a sorte de ter con nós a Rosario Vázquez Cermeño coñecida por moitos de nós como a profe Charo,e a Luis Pérez Rivas que tamén foi mestre e xefe de estudos neste centro. O motivo da súa visita foi a de compartir con todos nós a presentación da incursión de Charo no eido da literatura, coa publicación do seu libro: “XAMAIS UN RÍO DIFERENTE” , onde podemos observar a súa faceta como CREADORA DE SOÑOS, EMOCIÓNS E HISTORIAS. Charo contounos a historía do seu libro mentres Luis fixo de mestre de cerimonias, facendo a ledicia dos asistentes amenizando a presentación coa dramatización da vida do río Xamáis. Os alumnos e alumnas estaban entusiasmados participando en todo momento na presentación do libro. Gozamos dunha mañá literaria chea de preguntas e sorpresas. MOITAS GR AZAS CHARO E LUIS. VO LVEDE CANDO QUEIRADES!!!!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Imagen
 

A urna dos desexos

Imagen
Con motivo da chegada do Nadal, Dino síntese moi alegre e propuxo aos nenos e nenas do cole que escribiran  os seus desexos  para estas datas e para o vindeiro ano. Pero non calquera tipo de desexos senón aqueles que non veñen envoltos en papel de regalo, é dicir, desexos que non se poden mercar. Despois de escribilos nuns papeliños de cores, metéronos nunha caixiña ao lado da porta da biblioteca.                                                   

Día dos Dereitos dos Nenas e as Nenas 2016

Imagen
Para conmemorar o Día dos Dereitos dos nosos nenos e nenas deixamos este video do texto que se leu este ano en moitos campos de fútbol galegos. Pincha na imaxe para poder velo.

OS NOSOS MEDOS

Imagen
Con motivo da celebración do Samaín estivemos traballando a emoción do medo. Os nenos/as escribiron e ilustraron os seus medos nunhas follas que gardaban no bote dos medos situado no recuncho medo da biblioteca. Agora decidimos expoñer cada un dos medos nun mural para así compartir con todos os compañeiros/as.

SAMAÍN

Imagen
Como cada ano celebramos o Samaín. Atopamos a nosa biblioteca e todo o cole DECORADO de forma monstrosa. Dino ata nos colocou un expositor onde podedes atopar LIBROS DE MEDO. Tamén atopamos o BOTE DO MEDO para que contedes todas as emocións terroríficas que vos produce esta celebración. Esperamos que o sigades enchendo. Non podían faltar as MERENDAS TERRORÍFICAS que degustamos con moito entusiasmo.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Imagen
Hoxe puxéronse en marcha as mochilas viaxeiras cheas de libros de poesía, relatos, consulta, música, revistas e artigos educativos. Con ela poderedes gozar unha semana nas vosas casas elixindo as  lecturas que máis vos interesen. Esperamos que vos emocionen con xeito e poidades vivir uns bos momento en familia.  

ENCARGADOS DA BIBLIOTECA VIVA

Imagen
Os nosos fantásticos voluntarios/as encargados da biblioteca durante o recreo están traballando arreo para unha boa marcha da biblioteca. Para eles a todo o alumnado este espazo e moi especial xa que nel nos emocionamos e vivimos infinidade de aventuras, compartimos experiencias, investigamos e nos divertimos. Este curso Dino quixo agasallalos cuns carnés de encargados da biblioteca moi simpáticos.

CARTA DE DINO: "EMOCIÓNATE CON XEITO"

Imagen

XA ESTAMOS EN MARCHA!!!

Imagen
Benvidos a todos e todas:  Estaba desexando que comezara o curso para continuar a nosa andaina xuntos, con ilusión e ganas de pasar tempo entre os libros e emocionarme con novas e divertidas a lecturas. Estou seguro de que viviremos moitas aventuras !!!