Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2015

O recuncho do medo

Imagen
Coincidindo coa celebración de Samaín preparamos na biblioteca unha actividade que realizamos ao longo deste mes de novembro. O noso obxectivo era que os nenos e nenas coñeceran os distintos espazos da biblioteca dunha forma lúdica e divertida. Todo comezou coa colocación dun mural cunha longa tea negra. Titulámolo "O Recuncho do Medo". Alí preparamos unha pequena exposición.   Un día, convocamos, por grupos, aos nenos e nenas na biblioteca para comunicarlles que, despois da festa da noite de Samaín, os libros que estaban no "Recuncho do Medo" non estaban no seu sitio. Desapareceran. Como poideron comprobar, no mural, só estaban as ilustracións dos libros perdidos e .... unha pequena estrofa que podería axudar na busca, se estaban dispostos a recuperalos. En grupos e coas pistas na man, iniciaron a súa tarefa: Atopar  onde se agocharan eses pillabáns! As pistas rimadas axudáronlles moito Pouco a pouco foron aparecendo ... Os nenos e n

Biblioteca escolar, base de exploración

Imagen
Gústavos o mural que presidirá este ano a nosa biblioteca? Para preparalo, neste mes de outubro, contamos con moita axuda  pero imos de necesitar de toda a vosa colaboración para rematalo.  As Mochilas Viaxeiras    Iniciaron a súa viaxe por Abelendo.  Saíron dende a biblioteca e chegaron ás casas onde as recibiron con entusiasmo.  Agardamos curiosos a lectura dos Cadernos Viaxeiros   Este curso viaxarán por Abelendo nove mochilas. "Biblioteca escolar, base de exploración" é o lema elexido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares.

Adiante!

Imagen
Celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA sorprendendo a toda a comunidade educativa cun agasallo moi especial que hoxe queremos compartir dende aquí.  A visualización da nosa biblioteca queremos que sexa unha invitación ao lugar máis especial do cole onde compartimos experiencia lectora e pensamos e traballamos xunto con outros en proxectos diversos.