Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2014

O barco dos libros e das letras

Imagen
O noso barco zarpou cos contos de Gianni Rodari  na voz de Inacio Vilariño. Para a nosa travesía non esquecimos os nosos libros favoritos, nin os marcapáxinas que preparamos para a nosa singradura. Nas velas pintamos dragóns, cabaleiros e princesas para así contarlles lendas aos nosos grumetes. Sucamos mares como o mar Vermello e océanos como o Indico, o Pacífico... atravesamos o canal de Suez e o canal de Panamá, levando como capitán ao avó de Nerea.   Prendímonos co galego e atracamos en Bueu onde compartimos palabras e música con outros barcos que se achegaron, coma nós, a este porto. Fomos á procura da Illa do Tesouro nun MAR-atón de lectura onde nenos e nenas, pais e profes  viviron no noso barco, momentos de pausa e emoción.      Subiu a bordo, para celebrar con nós a semana das Letras, Daniel Costas. Este poeta de Moaña confesounos que para escribir poemas el pensa en historias: crea contos que, despois de escribilos, chegan a convertirse e