Entradas

Mostrando entradas de abril, 2014

Descubre o tesouro da poesía

Imagen
No mural que este curso preside a biblioteca, seguro que xa descubríchedes o cofre onde temos os nosos máis preciados tesouros. Alí, está gardada a Poesía; un tesouro que debemos conservar, un valor sen prezo, unha fonte de gozo e de coñecemento. Para homenaxeala, en Abelendo celebramos o Día Mundial da Poesía cun recital no que participaron todos os nenos e nenas do cole. Seleccionamos poesías nas que os  barcos foron  protagonistas. Autores como Carlos Reviejo, Antonio García Teijeiro, Xosé Mª Álvarez Blázquez, Manuel María, Ana Mª Fernández, Rafa Vilar e  Manuel Antonio axudáronnos na nosa escolla. Volvemos ler libros como "Na fogueira dos versos", "Roseira do teu mencer", "Sonos na gaiola", "Unha chea de aloumiños", "Ondas de verde e azul", "Patente de corso" para atopar as poesías que tan entusiasmados recitamos para celebrar tan sinalado día.