Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2014

Alborada

Todos a bordo!

Imagen
Queremos compartir con vós este mar de actividades que neste trimestre estamos a vivenciar no cole. Latas pola Paz. Expresamos os nosos sentimentos de forma lúdica e creativa. Mensaxe nunha botella . Escribimos unha mensaxe que recibirá  alguén nun lugar moi lonxano. Un mar de dúbidas.  Un amigo, un tesouro . Valoramos a amizade. As ordes de Dino. Vivimos o entroido.   E o noso proxecto ... Navega a toda máquina.

Marcos Calveiro

Marcos Calveiro View more presentations or Upload your own.

Damos a lata pola Paz

Imagen
O pasado 30 de xaneiro, celebramos un espectacular Día da Paz. Todos os nenos e nenas do cole saímos á pista, dende as aulas, tocando moi forte unhas divertidas e decoradas latas para "Dar a lata pola Paz".  Na pista, ademais de seguir dándolle á lata , cantamos todos xuntos a canción que tanto ensaiaramos.  Como a chuvia amenazaba , seguimos cantando e dando á lata pola Paz, na aula de música.  Todo un éxito!  Na entrada do cole, nun mural moi grande, deixamos os nosos pensamentos positivos pola Paz e as nosas latas que decoráramos con moita creatividade e colorido.  Esta actividade organizámola grazas a xenerosidade de compañeiras que mostran nos blogues das BE moitas das súas ideas para que poidan ser compartidas.  Aquí vos deixamos unha mostra en imaxes de como foi o día.