Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2014

Somos artistas! Somos artesáns!

Imagen
Neste decembro estivemos moi atarefados preparando o cole para a chegada do Nadal. Axudados polas nosas familias todos e todas colaboramos con moita ilusión e entusiasmo.  A entrada quedou chulísima! Alí estaban as postais que realizamos para a actividade "Nadal en Familia", o Nacemento (este curso nenos e nenas de diferentes países achegáronse ó Portal levando as súas comidas típicas), e o mural realizado con CDs, que quedou fantástico. Grazas aos máis pequenos do cole, tivemos a sorte de visitar, nos corredores da primeira planta, unha exposición que nos achegou a arte abstracta. Levaba o título:” Cos ollos de Pollock”.  E como remate, nesta última semana, durante toda unha xornada, participamos nuns Obradoiros de Nadal que nos permitiron comprobar que o cole é unha grande familia. Houbo obradoiros de cociña, de cine, de manualidades e un obradoiro moi especial na biblioteca.     A biblioteca foi un lugar de encontro para compartir lecturas, crea