Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2014
Imagen
Un ano máis, queridos nenos e nenas, quero darvos a benvida á nosa biblioteca! Agardo con impaciencia o noso reencontro neste lugar tan especial no que cada curso iniciamos unha aventura que nos permite gozar e aprender moito: A aventura da lectura! Estou desexando ver os marcaespazos que os nenos e nenas de tres anos están realizando para a súa primeira visita á biblioteca.  Os nenos e nenas de 1º que agora son primeiros lectores e os nenos e nenas de 4º que xa son lectores autónomos , tamén andan moi atarefados cos seus. O noso tren xa está en marcha! Os nenos e nenas maiores prepararon unha pequena exposición cos seus libros favoritos. Cando a visitedes cos vosos titores, lembrade traer esas obras de arte de cor azul, vermello e verde para a súa estrea. As Mochilas Viaxeiras pronto chegarán ás vosas casas. Os préstamos do recreo comezan o mércores, día 1 de outubro. Os axudantes da biblioteca encargaranse de levar á aula os libros que vós, ant