Entradas

Mostrando entradas de 2014

Somos artistas! Somos artesáns!

Imagen
Neste decembro estivemos moi atarefados preparando o cole para a chegada do Nadal. Axudados polas nosas familias todos e todas colaboramos con moita ilusión e entusiasmo.  A entrada quedou chulísima! Alí estaban as postais que realizamos para a actividade "Nadal en Familia", o Nacemento (este curso nenos e nenas de diferentes países achegáronse ó Portal levando as súas comidas típicas), e o mural realizado con CDs, que quedou fantástico. Grazas aos máis pequenos do cole, tivemos a sorte de visitar, nos corredores da primeira planta, unha exposición que nos achegou a arte abstracta. Levaba o título:” Cos ollos de Pollock”.  E como remate, nesta última semana, durante toda unha xornada, participamos nuns Obradoiros de Nadal que nos permitiron comprobar que o cole é unha grande familia. Houbo obradoiros de cociña, de cine, de manualidades e un obradoiro moi especial na biblioteca.     A biblioteca foi un lugar de encontro para compartir lecturas, crea

Samaín 2014

Imagen

As matemáticas son para sempre

Viaxando en outubro

Imagen
Na bibliteca, en outubro, sucédense as actividades, sucédense as aprendizaxes... Compartindo experiencias. Este ano, no acto de saída das primeiras Mochilas Viaxeiras , os nenos e nenas de 3º ciclo quixeron compartir  toda a súa experiencia cos nenos do 1º ciclo.  Este ano, os nenos e nenas foron os dinamizadores desta xuntanza na biblioteca. Contáronlles aos máis novos que: Nas mochilas hai libros de princesas, monstros, bruxas, cabaleiros;  hai libros de fantasía, aventuras, comic, risas...   Podemos levalas a casa e ler os libros todos xuntos; os pais , os irmáns...  No "Diario das Mochilas"  escribimos e debuxamos sobre os libros, comentamos o que nos gustou ou o que non, dibuxamos a súa portada... Tamén podemos contar como foi  o paso da mochila pola casa, facer suxestións, etc.  Cando chegan de novo á clase, comentamos a experiencia a todos os compañeiros. Hai un tempo para ter a mochila na casa e sempre nos parece  curto. Froita, verdura

Outubro na biblioteca

Imagen
Na biblioteca en outubro sucédense as actividades, sucédense as aprendizaxes... Os nenos e nenas de 1º Curso na biblioteca. Na súa primeira visita chegaron cos seus marcaespazos de cor vermella.  Xa son Primeiros Lectores!  Utilizáronnos moi ben porque xa o aprenderan cando eran prelectores. Dino axudoulles a lembrar as normas da biblioteca. Pertencen ao clube de amigos e amigas dos libros. Gústalles ler no seu recanto. É o espazo máis significativo da biblioteca. Iniciáronse na dinámica dos préstamos.  Escolleron o libro que ían ler na casa co seu carné da biblioteca.
Imagen
Un ano máis, queridos nenos e nenas, quero darvos a benvida á nosa biblioteca! Agardo con impaciencia o noso reencontro neste lugar tan especial no que cada curso iniciamos unha aventura que nos permite gozar e aprender moito: A aventura da lectura! Estou desexando ver os marcaespazos que os nenos e nenas de tres anos están realizando para a súa primeira visita á biblioteca.  Os nenos e nenas de 1º que agora son primeiros lectores e os nenos e nenas de 4º que xa son lectores autónomos , tamén andan moi atarefados cos seus. O noso tren xa está en marcha! Os nenos e nenas maiores prepararon unha pequena exposición cos seus libros favoritos. Cando a visitedes cos vosos titores, lembrade traer esas obras de arte de cor azul, vermello e verde para a súa estrea. As Mochilas Viaxeiras pronto chegarán ás vosas casas. Os préstamos do recreo comezan o mércores, día 1 de outubro. Os axudantes da biblioteca encargaranse de levar á aula os libros que vós, ant

O barco dos libros e das letras

Imagen
O noso barco zarpou cos contos de Gianni Rodari  na voz de Inacio Vilariño. Para a nosa travesía non esquecimos os nosos libros favoritos, nin os marcapáxinas que preparamos para a nosa singradura. Nas velas pintamos dragóns, cabaleiros e princesas para así contarlles lendas aos nosos grumetes. Sucamos mares como o mar Vermello e océanos como o Indico, o Pacífico... atravesamos o canal de Suez e o canal de Panamá, levando como capitán ao avó de Nerea.   Prendímonos co galego e atracamos en Bueu onde compartimos palabras e música con outros barcos que se achegaron, coma nós, a este porto. Fomos á procura da Illa do Tesouro nun MAR-atón de lectura onde nenos e nenas, pais e profes  viviron no noso barco, momentos de pausa e emoción.      Subiu a bordo, para celebrar con nós a semana das Letras, Daniel Costas. Este poeta de Moaña confesounos que para escribir poemas el pensa en historias: crea contos que, despois de escribilos, chegan a convertirse e

Descubre o tesouro da poesía

Imagen
No mural que este curso preside a biblioteca, seguro que xa descubríchedes o cofre onde temos os nosos máis preciados tesouros. Alí, está gardada a Poesía; un tesouro que debemos conservar, un valor sen prezo, unha fonte de gozo e de coñecemento. Para homenaxeala, en Abelendo celebramos o Día Mundial da Poesía cun recital no que participaron todos os nenos e nenas do cole. Seleccionamos poesías nas que os  barcos foron  protagonistas. Autores como Carlos Reviejo, Antonio García Teijeiro, Xosé Mª Álvarez Blázquez, Manuel María, Ana Mª Fernández, Rafa Vilar e  Manuel Antonio axudáronnos na nosa escolla. Volvemos ler libros como "Na fogueira dos versos", "Roseira do teu mencer", "Sonos na gaiola", "Unha chea de aloumiños", "Ondas de verde e azul", "Patente de corso" para atopar as poesías que tan entusiasmados recitamos para celebrar tan sinalado día.

Petiscos de poesía

Imagen
Para "abrir boca", mentras agardamos polo Día Internacional de Poesía.

A viaxe dos piratas de Abelendo

Imagen
Estes arriscados piratas iniciaron a súa viaxe, desafiando a chuvia, na pista do colexio.  O seu barco puxo rumbo cara á illa de San Martiño onde querían celebrar, un ano máis, a festa do Entroido. Era fundamental realizar con éxito, a travesía. Foi unha viaxe longa e chea de aventuras. Neste lugar tan significativo, xuntáronse moitos piratas que coma eles, querían disfrutar desta xornada tan temeraria e divertida.

Alborada

Todos a bordo!

Imagen
Queremos compartir con vós este mar de actividades que neste trimestre estamos a vivenciar no cole. Latas pola Paz. Expresamos os nosos sentimentos de forma lúdica e creativa. Mensaxe nunha botella . Escribimos unha mensaxe que recibirá  alguén nun lugar moi lonxano. Un mar de dúbidas.  Un amigo, un tesouro . Valoramos a amizade. As ordes de Dino. Vivimos o entroido.   E o noso proxecto ... Navega a toda máquina.